|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG presenta un programa para gobernar un país novo
que leve a Galiza dende a preautonomía de Fraga ao
autogoberno Redacción,
21 de maio
2005.
Emprego, vivenda e benestar social,
prioridades do programa que Quintana
asume como “un contrato coa cidadanía”, para
afrontar un cambio galego baseado na rexeneración
democrática, na redistribución de oportunidades e
que traia respecto por Galiza...[ler
máis]
*E
á fin voltamos coa sección Opinión. Non
deixes de visitala. Edición,
21 de maio
2005. Por fin voltamos coas opinións (logo dunha
retirada duns cantos meses) desta volta con novos colaboradores e
novos artigos. Hoxe comezamos da man de Fernán Xosé
Mourenza, Adela Figueroa e Xabier Pérez. Tamén
estreamos a sección a Aqui
falamos tod@s, aberta á participación de
todo o mundo, cun artigo de André Mauricio sobre os Estados
Unidos...[ler
máis]
*Aymerich
afirma que a “deriva estremista” de Rajoy abochorna a
moitos dos votantes do PP e advírtelle que a maioría
dos galegos queren outro papel para Galiza no Estado Redacción,
21 de maio
2005.
O
candidato nº 3 pola provincia de A Coruña, Carlos
Aymerich, considera que a “deriva estremista” de Rajoy
está a abochornar mesmo a moitos dos votantes do PP e
explicou que o problema non é que estea en perigo a unidade
de España –“que só está en perigo
na mente dos señores Rajoy, Acebes e Fraga”- senón
a pervivencia de Galiza como pobo diferenciado e a defensa do
benestar dos seus cidadáns...[ler
máis]
*Psoe
e PP seguen na súa loita por ver quen gasta máis
cartos na campaña Editorial,
21 de maio
2005.
Onte
puidemos asistir a un novo enfrontamento entre o PP e o Psoe a ver
quen ten máis cartos ou a ver que gasta máis na
campaña. Coma nos mellores momentos do PP onte observamos
polas cidades do país un derroche de recursos por parte de
uns e de outros por parte do PP e por parte do Psoe...[ler
máis]
*Quintana:
“o BNG liderou a oposición ao longo destes anos e
agora estamos preparados para liderar o novo goberno” Redacción,
21 de maio
2005.
“Teño a ilusión de
contribuír á transformación positiva do
Estado español dende a Presidencia da Xunta” O
portavoz nacional do BNG
e candidato á Presidencia da Xunta, Anxo
Quintana,
salientou, durante a entrevista no programa Los Desayunos de
TVE, que o BNG “liderou a oposición ao longo
destes anos é agora está preparado para liderar o
novo Goberno que saía do 19 de xuño”...[ler
máis]
*Acción!
Xa chega “Hai que Botalos!” Redacción,
21 de maio
2005.
"Hai
que Botalos" é unha campaña de estimulación
do "boto", promovida por BURLA NEGRA e A FRAGA MALDITA
de cara ás históricas eleccións nas que
Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis
limpos e democráticos. A primeira fase, xa rematada, é
a realización dunha película de denuncia, de
creación colectiva, composta por vintecatro curtametraxes
de non máis de cinco minutos, e que conta coa participación
de artistas e creador@s galeg@s dos máis diversos
ámbitos...[ler
máis]
*Quintana
insta a Fraga a restituír o diñeiro pagado a
“specials events” e afirma que “sempre que
Galiza sofre unha desgraza, o PP saca tallada” Redacción,
21 de maio
2005.
“Pasou co Prestige e agora se descobre que tamén
pasou durante a crise das vacas tolas”. O candidato
nacionalista subliña a necesidade dun cambio galego que
implique rexeneración democrática...[ler
máis]
*E
á fin voltamos coa sección Opinión. Non
deixes de visitala. Edición,
21 de maio
2005.
Por fin voltamos coas opinións (logo dunha retirada duns
cantos meses) desta volta con novos colaboradores e novos artigos.
Hoxe comezamos da man de Fernán Xosé Mourenza,
Adela Figueroa e Xabier Pérez. Tamén estreamos a
sección a Aqui
falamos tod@s,
aberta á participación de todo o mundo, cun artigo
de André Mauricio sobre os Estados Unidos...[ler
máis]
*A
Comarca da Coruña celebra o Día das Mulleres
Antimilitaristas Redacción,
21 de maio
2005. O
24 de maio a Macha Mundial das Mulleres convoca unha Concentración
no Obelisto da cidade Herculina o martes 24 de maio ás
20.00h....[ler
máis]
*A
que xoga Ricardo García Borregón? Redacción,
21 de maio
2005.
Rechamante
atitude do concelleiro do PP ante a compostaxe. ADEGA-Compostela
amosar a súa estupefacción coas propostas do
concelleiro compostelano do PP, Ricardo García Borregón
no que fai referencia á compostaxe e a xestión dos
Resíduos Sólidos Urbanos (RSU) na capital de
Galiza...[ler
máis]
*Nace
unha nova iniciativa na rede para as eleccións:
www.destavai.com Redacción,
18 de maio
2005.
Unha nova iniciativa “inorgánica”
[pero
animada] para contribuír á “causa nacional”.
Así se autodefine esta nova
web,
con vocación de contribuir a que se produza un cambio
galego. Polo de agora poderás atopar o manifesto “Non
somos tristes. Non queremos ser tristes”, e unha imaxe “sen
comentarios”. A web está aberta a participación
e podeste poñer en contacto a través da mesma ou no
correo nonsomostristes@destavai.com. Lembra!!
www.destavai.com
*O
Pleno do Congreso aproba todas as propostas de resolución
apresentadas polo BNG Redacción,
18 de maio
2005.
Unha
das resolucións do BNG,
conxunta co grupo socialista, pón datas á
finalización dos tramos de alta velocidade, o Eixo
Atlántico para o 2007. O Pleno do Congreso dos Deputados
aprobou esta tarde o conxunto de propostas de resolución
apresentadas polo BNG con motivo do Debate do Estado. Seis
propostas, unha delas apresentada conxuntamente co PSOE, que
recollen as necesidades de Galiza no ámbito das
infraestruturas viarias e ferroviarias, do agro, as consecuencias
do Prestige, linguísticas, a seguridade no traballo e a
respeito das peaxes...[ler
máis]
*Nace
unha nova iniciativa na rede para as eleccións:
http://www.destavai.com/. Redacción,
18 de maio
2005. Unha nova iniciativa “inorgánica”
[pero animada] para contribuír á “causa
nacional”. Así se autodefine esta nova
web, con vocación
de contribuir a que se produza un cambio galego. Polo de agora
poderás atopar o manifesto “Non somos tristes. Non
queremos ser tristes”, e unha imaxe “sen comentarios”.
A web está aberta a participación e podeste poñer
en contacto a través da mesma ou no correo
nonsomostristes@destavai.com. Lembra!!
http://www.destavai.com/.
*300
persoas de diversos sectores profesionais, económicos e
culturais celebran en Allariz un acto de adhesión á
candidatura de Quintana á presidencia Redacción,
18 de maio
2005. Quintana
agradeceu o apoio amosado
através desta iniciativa cidadá, apresentada polo
presidente da Asociación Española de Medicina
Xeral, Xosé Manuel Solla. O portavoz e candidato do
BNG,
Anxo Quintana, participou na tarde de onte en Allariz nun acto
organizado por máis de 300 persoas de diversos sectores
profisionais, económicos, culturais e sociais que a título
individual amosaron o seu apoio á candidatura do líder
nacionalista á presidencia da Xunta e recalcaron a súa
aposta decidida porque se produza un cambio galego tras os
comicios do 19 de Xuño...[ler
máis]
*Quintana:
“este 17 de maio estamos ás portas dun cambio galego
que suporá o comezo dunha nova política cultural e
lingüística” Redacción,
18 de maio
2005.
O
BNG
louba
o compromiso diario de todos os galegos que empregan a nosa lingua
con normalidade e promoven sen complexos o seu uso. O portavoz
nacional do BNG e candidato á Presidencia da Xunta, Anxo
Quintana,
salientou onte en Santiago que este Día das Letras Galegas
“se dá nun contexto especial” porque o país
“está ás portas dun cambio galego que terá,
no ámbito cultural e lingüítico, unha
incidencia sobranceira” e suporá o comezo “dunha
nova política cultural e lingüística”...
|