|
Publicidade Contacto Novas........ Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
anuncia que reformulará a lei de caixa de aforros para
propiciar un maior apoio á economía
produtiva Redacción,
16 de maio
2005. Fíxase como obxetivo de goberno financiar a
integración de 10.000 investigadores nos departamentos de
I+D+I das empresas galegas. O Portavoz Nacional do BNG
e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo
Quintana,
salientou que un futuro goberno nacionalista porá en marcha
“unha política económica sustentábel ao
servizo da maioría social que aposte polos sectores
produtivos e polos servizos sociais proprios dun estado de
benestar avanzado”...[ler
máis]
*IV
Festival do Norte-Estrella Galicia: boa música, choiva e
mala organización Redacción,
16 de maio
2005. Onte rematava a IV edición do Festival do
Norte-Estrella Galicia en Vilagarcía de Arousa, un evento
marcado pola choiva e a mala organización aínda que
compensado de algunha maneira polo cartel. A falta de previsión
dos organizadores ante a eminente choiva fixo que no escenario no
que estaba previsto que actuasen os grupos galegos, non tocase
ningén, reducindose case á metade a oferta musical á
14 grupos dos 22 previstos (só puido tocar Heissel, dos
grupos galegos)...[ler
máis]
*Aymerich
acusa ao PP de querer crear un “panorama mediático
afín” ante a próxima derrota do
19-x Redacción,
16 de maio
2005. Carlos Aymerich critica a aprobación “por
un goberno en funcións” do concurso de radios e tvs
dixitais. O número 3 do BNG
por A Coruña,
Carlos Aymerich, criticou hoxe a aprobación polo Consello
da Xunta do prego de condicións dos concursos de radios e
televisións dixitais locais por terse feito sen consultar
co sector e co “claro obxectivo de conformar un panorama
mediático afín ao PP”...[ler
máis]
*Lanzamento
do Proxecto Ríos na estación de hidrobioloxía
da USC “Encoro do Con” Redacción,
16 de maio
2005. A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
organizou, coa colaboración da Estación de
Hidrobioloxía da Universidade de Santiago (USC) “Encoro
do Con”, un acto de lanzamento do Proxecto Ríos na
sede da Estación, en Vilagarcía de Arousa, na mañá
do 14 de maio...[ler
máis]
*Quintana
propón un salario social de inserción para mozos e a
criazón de 20.000 vivendas protexidas Redacción,
12 de maio
2005. “Os
estudantes galegos irán votar, pese aos exames, para
conseguir o cambio galego”, vaticina Ana Pontón. O
portavoz nacional do BNG
e
candidato á presidencia da Xunta, Anxo
Quintana,
anunciou hoxe nun acto con 200 mozos e mozas que un futuro goberno
nacionalista creará 20.000 novas vivendas protexidas
durante a próxima lexislatura e que porá en marcha
un departamento específico encargado de todos os temas de
vivenda baixo a denominación de Consellaría de
Habitabilidade e Territorio...[ler
máis]
*Iniciativas
contra o desfile militar do 29 de maio Redacción,
12 de maio
2005. Galiza
Nova,
organización da mocidade nacionalista, rexeita rotundamente
o desfile militar que terá que aturar o próximo 29
de maio a cidade da Coruña. Para o organización das
mocidades do BNG
é
particularmente significativa a escolla do noso país para a
celebración deste desfile, que se ten convertido nun
lamentábel espectáculo itinerante, que exibe cada
ano as armas de guerra e a última tecnoloxía asasina
na que se malgastan gran parte dos orzamentos do Estado. Desde
a web de Galiza Nova pódense enviar
correos electrónicos de
rexeitamento ao PSdG-PSOE.
*Día
das Letras Galegas celebrarase no Bierzo Redacción,
12 de maio
2005. Os
actos terán lugar mañán venres 13 de maio ás
19:00 na Obra Social Caja España de Ponferrada. O colectivo
cultural Fala
Ceibe do Bierzo organiza
un ano máis os actos de celebración do Día
das Letras Galegas na bisbarra arraiana do Bierzo. Neste
territorio conlindante coa Galiza administrativa, son máis
de 35.000 persoas as que falan habitualmente galego como primeira
lingua, e no actual curso 2004-2005 hai un total de 572 rapaces e
rapazas que de xeito totalmente voluntario optaron por receber
aulas de lingua galega...[ler
máis]
*Xornadas
sobre Drogas e Mocidade no Barbanza Redacción,
12 de maio
2005. De
novo Galiza
Nova volve
organizar unha xornada informativa e de debate sobre as drogas e a
mocidade, asunto para o cal a mocidade nacionalista vén
reclamando alternativas
claras desde
hai tempo. Esta xornada abordará tanto a exixencia da
legalización, coa intervención de representantes do
BNG,
de Galiza Nova e da organización xuvenil da formación
portuguesa do Bloco de Esquerdas. Tamén se tratará o
tema do uso e abuso das drogas, coa presenza de psicológos
e traballadores en psicodependencia. Por último,
proxectarase un documental...[ler
máis]
*A
política estatal afástase da nova cultura da
auga Redacción,
12 de maio
2005.
A Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
manifesta a súa inquedanza por diversas actuacións
do Ministerio de Medio Ambiente que supoñen un afastamento
da política estatal da nova cultura da auga. Estas
decisións tómanse cando semellaba que o novo Goberno
central, a diferenza do anterior, asumira en boa medida os
principios da nova cultura da auga. ADEGA comparte a preocupación
neste senso expresada pola Fundación Nova Cultura da Auga
(FNCA), formada por expertos de España e de Portugal. ADEGA
está preocupada pola forma en que se fará a
necesaria revisión dos Planos Hidrolóxicos Norte I
(bacías Miño-Sil e Limia) e Norte II (que inclúe
as bacías do Navia e do Eo)...[ler
máis]
*Concerto
pola lingua en Carballo Redacción,
12 de maio
2005. Achégase
a data do Día das Letras e de novo a mocidade nacionalista
convertirá esta xornada nalgo máis que o ritual
baleiro de contido real polo que aposta Xunta, mentres o galego
esmorece na mocidade; desde Galiza
Nova apostamos
por aproveitar o 17 de maio para reclamar con máis forza e
insistencia uns dereitos lingüísticos que debemos
exixir todo o ano. Como cada ano, serán varios os actos
organizados en defensa do idioma, entre os que sobrancean os
concertos pola lingua , que permiten socializar a causa
lingüística entre mozas e mozos nun entorno festivo e
marcado pola música no noso idioma, válida para todo
tipo de xéneros musicais. Neste sentido, queremos
recomendar a toda a mocidade que reserve a data do luns 16 de
maio, cando terá lugar un Concerto pola Lingua en Carballo,
na discoteca Chaquetón, no cal tocarán os grupos, xa
"clásicos" de Galiza Nova, Presencia Zero (Rap
Metal) e Ruxe-Ruxe (Folc-Rock). A entrada é de balde e os
prezos son populares.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|