ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 05/05/2005 e o 07/05/2005

Publicidade
Contacto

Novas........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*O BNG aproba as candidaturas ao Parlamento galego e móstrase convencido de que o cambio galego levará a Quintana á presidencia da Xunta
Redacción, 7 de maio 2005.
O Consello Nacional do BNG aprobou este serán as candidaturas ao Parlamento Galego cun 85,3 por cento de votos a favor nunha reunión na que o máximo órgao do BNG entre asembleas mostrou a súa convición de que o cambio galego levará a Quintana á presidencia da Xunta de Galiza...[ler máis]

Desfile Militar? non Grazas*
Os CAF contra o desfile militar do 29 de maio na Coruña

Redacción, 7 de maio 2005. Os Comités Abertos de Escola e Faculdade queremos poñer en coñecemento de todo o estudantado o noso posicionamento a
respeito do desfile militar das forzas armadas españolas o próximo 29 de Maio na cidade da Coruña. O exército a día de hoxe non é nengún axente de Paz e é o símbolo máis claro do militarismo e a ostentación armamentística. Ademais representa determinados valores que non deberían ter cabida nas sociedades democráticas como o machismo, a homofobia, a xerarquía, a falla de sentido crítico. Ademais os exércitos perpetúan unha orde internacional inxusta, xa que as relacións entre os pobos non se estabelecen en pé de igualdade senón baixo ameazas e persuasión, e as súas intervencións militaristas disfrázanse de misións humanitarias...[ler máis]


*
O BNG apresenta o webblog de Quintana
Redacción, 7 de maio 2005. Onte Carme Adán e Ánxela Bugallo apresentaban en rolda de imprensa o
webblog de Anxo Quintana, (www.quin2005.com), candidato do BNG á Presidencia da Xunta. Esta é unha nova aposta de Quintana para facer unha campaña innovadora é máis próxima á xente. Este novo espazo na rede permite ver dende outra prespectiva ao candidato e comunicarte con el a través do seu correo electrónico quin2005@bng-galiza.org.

*
Os CAF rexeitan a celebración do I Salón Monográfico da Educación Superior (Docentia)
Redacción, 7 de maio 2005. Os Comités Abertos de Faculdade queremos expresar con esta nota de prensa o noso rechazo á celebración Docentia.
I Salón Monográfico da Educación Superior, que se celebra os días 6, 7 e 8 de maio en Compostela.
Os CAF entendemos que a universidade é un servizo básico para a formación de persoas críticas que sexan capaces no futuro de transformar a sociedade. Entendemos que a universidade é un servizo público que non debe estar condicionada polas demandas do mercado, senón polas necesidades do País e das persoas. Entendemos que a universidade como servizo público debe estar financiada con recursos públicos e non condicionada por empresas...
[ler máis]

*
Fidel Castro afirmu que "fracasaron" os intentos estadounidenses de destruir a Cuba
Redacción, 7 de maio 2005. O líder cubano sinalou que Cuba "seguirá cometendo o pecado de existir" ante miles de persoas que celebraron o día da Clase Obreira na “Praza da Revolución”. A continuación reproducimos o descurso pronunciado por Castro no acto polo Día Internacional do Trabajo (en castelán)...
[ler máis]

*
Poñen en marcha xogos de azar para financiar actividades de normalización lingüística en Euskal Herria
Redacción, 7 de maio 2005. O Kontseilua, ou Consello dos Organismos Sociais do Euskara, é a coordinadora das numerosas organizacións sociais de normalización lingüística do euskara. A súa función é artellar esforzos e tratar de implicar á administración e á potente sociedade civil e económica basca en prol da lingua. (nova tirada da web d'A Mesa)...[ler máis]
*Incidencias en ArroutadaNoticas.com
Editorial, 5 de maio 2005. ArroutadaNoticas.com informa que durante esta semana estamos a ter problemas coa nosa antiga conta de correo (
arroutadainforma@mundo-r.com) que, por razóns que descoñecemos, non permite a entrada de novo correo, por este motivo levamos varios días sen actualizar os contidos da páxina. Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas aos nosos e ás nosas lectores e lectoras. Comentar tamén que temos unha nova conta de correo que funciona perfectamente e á que podedes enviar todo canto queirades publicar (ou comentar).
A conta nova (
redaccion@arroutadanoticias.com) será a que utilizaremos de agora en diate polo que pregamos que deixe de utilizar a vella.

Voltar a novas

Ver anteriores


Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!