|
Publicidade Contacto Novas........ Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Carme
Adán acusa ao PP de trucar a imaxe de Fraga no cartel
eleitoral porque “se avergoñan do rostro real do seu
candidato” Redacción,
2 de maio
2005.
“Trucando a súa imaxe voltan a pór na axenda
da campaña a cuestión da idade de Fraga”. A
número un da candidatura do BNG
por Pontevedra, Carme Adán, acusou hoxe ao PP de trucar a
imaxe de Fraga no cartel eleitoral feito público porque “se
avergoñan do rostro real do seu candidato”...[ler
máis]
*Quintana
di que coas súas candidaturas o BNG “se abre á
sociedade” e se dirixe non só aos nacionalistas,
“senón a un espectro social máis
amplo” Redacción,
2 de maio
2005. O portavoz nacional do BNG
e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, amosouse
“moi orgulloso” por ser a formación
nacionalista a primeira forza política do país que
presenta unhas listaxes nas que “a muller ten a presenza que
lle corresponde”...[ler
máis]
*Xornadas
informativas sobre o Espazo Europeo de Educación
Superior(EEES) no Campus de Lugo Redacción,
2 de maio
2005. Os CAF
de Lugo organizan unhas extensas Xornadas nas que avaliarán
o proceso de integración da USC no EEES e como este
afectará aos novos titulados así como o novo sistema
de créditos, ou as saídas laborais. Serán os
días 3, 4 e 5 de maio, segue a ler para consultar o
programa...[ler
máis]
*Quintana
comprométese a crear un seguro sanitario que garanta aos
usuarios que as listas de espera de intervencion cirúrxica
non superen os 60 días Redacción,
2 de maio
2005. “O deterioro da asistencia sanitaria pública
é un dos maiores fracasos do goberno Fraga”. O
portavoz nacional do BNG
e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana,
salientou que o cambio galego debe chegar tamén á
sanidade pública, cuxo deterioro asistencial cualificou dun
dos maiores fracasos do goberno Fraga...[ler
máis]
*O
BNG listo para gobernar Galiza Editorial,
2 de maio
2005. O sábado o BNG
daba o pistoletazo de saída á precampaña para
as vindeiras eleccións galegas, logo de estar presente nese
primeiro mitin de precampaña podo afirmar o que reza no
titulo desta editorial, o BNG está listo para gobernar
Galiza. Os que acudimos o sábado á convocatoria do
BNG puidemos observar a un Anxo Quintana máis respaldado
que nunca. As máis de cincocentas persoas que se xuntaron
no Araguaney receberon a Quintana con berros de presidente!!,
presidente!!...[ler
máis]
*Quintana,
no arranque de precampaña do BNG: “o cambio en Galiza
é xa irreversíbel e será un cambio galego
porque a xente quer respecto para o seu país” Redacción,
2 de maio 2005. “Imaxinai o gosto que vai dar xubilar
democraticamente a Fraga e que o fagamos nós”. O
candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana,
afirmou o sábado pola tarde no mítin de arranque de
precampaña que “o cambio en Galiza é xa
irreversíbel e será un cambio galego porque a xente
quer respecto para o seu país”...[ler
máis]
*Galiemprego
2005: Fraga volveu a mostrarnos o seu “talante” ao
vello estilo fascista Redacción, 29
de abril 2005. Onte no Galiemprego, Fraga volveu a mostrarnos
como entende el a política. Como na súa época
de ministro franquista Fraga volveua sacar as porras (como xa
acontecera na edidión desta feira o ano pasado cando soltou
a sús magnífica frase de “que entren los
antidisturbios!”), para tentar calar as voces dun grupo de
mozos e mozas que reclamaban máis emprego e menos
propaganda. Nunha nova mostra de usurpación do poder Fraga
non dubidou en lanzar contra os mozos e mozas, aos seus
gardacostas persoasi asi como á policia. O balance foi de
varios feridos que foron atendidos nun hospital compostelán
e de dous detidos (que xa estan en liberdade). Todos e todas eles
eran militantes nacionalistas. *Galiza
Nova demanda máis emprego e menos
propaganda no Galiemprego *Os
CAF denuncian o acontecido no Galiemprego *A
CIG denuncia a actuación policial
*O
Sindicato Labrego cualifica de barbaridade a manipulación
xenética de vides en Galiza Redacción,
29 de abril 2005. As investigacións da Universidade de
Vigo neste eido carecen de utilidade para Galiza e atentan contra
o noso patrimonio vinícola, un dos máis ricos de
Europa. O SLG
cualifica como unha auténtica barbaridade que, desde
institucións públicas como a Universidade de Vigo,
se financien proxectos sobre biotecnoloxía na viticultura e
fruticultura en base á enxeñería da
manipulación xenética. E salientamos o cualificativo
de barbaridade, xa que estas tecnoloxías, desde calquera
punto de vista económico, ambiental e de saúde, non
aportan ningún elemento favorable na elaboración de
viños de calidade...[ler
máis]
*Quintana
afirma que a súa imaxe debatendo con Zapatero sobre o
autogoberno de Galiza é a imaxe do futuro Redacción,
29 de abril 2005. “A
imaxe dun futuro no que Galiza teña un presidente que lle
fale de ti a ti ao presidente do goberno central”. “O
PP e o PsdeG equivócanse agochando os seus candidatos
porque a cidadanía quere escoitar as propostas que
ofrecemos cada un”. O Portavoz nacional e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo Quintana, declarou onte que o BNG
é a única forza política capaz de rachar a
“invisibilidade que a política galega ten dentro da
política estatal” e que a imaxe que onte se puido
visualizar no Senado a través do debate co presidente do
goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, “é
a imaxe do futuro”...[ler
máis]
*O
SLG pídelle aos partidos políticos galegos que
asuman as recomendacións do Valedor do Pobo para protexer
as terras agropecuarias de Galiza Redacción,
29 de abril 2005. A organización sindical xa pedira,
hai un mes, a paralización inmediata dun novo plan de
forestación de terras agrarias impulsado pola Xunta. O
Sindicato
Labrego Galego
quere facer pública a súa satisfacción e
apoio ante o capítulo 1.4 do informe do Valedor do Pobo
2004, titulado “Control dos usos do solo rústico
de protección agropecuaria na lei 9 / 2002” e
redactado pola Vicevaledora segunda, Olga García
Agra...[ler
máis]
*O
BNG celebra a iniciativa da SER de organizar un debate, anuncia a
intervención de Quintana e agarda que os partidos estatais
fagan o proprio cos seus líderes Redacción,
27 de abril 2005. Sobre Fraga: “Quen non está en
condicións de debater, non está en condicións
de gobernar”, di Quintana. O Bloque
Nacionalista Galego
celebra a iniciativa dunha emisora privada de ámbito
estatal –a cadea Ser- de organizar un debate arredor das
eleccións galegas de 19 de Xuño e anuncia a
intervención nel do seu candidato a presidencia, Anxo
Quintana...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|