|
Publicidade Contacto Novas........ Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
resposta os ataques de Fraga: “non teño nen mortos
nen presos de conciencia no meu pasado; por iso non me agacho e
por iso aposto por unha campaña baseada no
debate” Redacción,
26 de abril 2005. “Fraga sempre me ataca cando non estou
presente, tenlle pánico a debater comigo porque sabe que el
é o pasado e o BNG
representa o presente e o futuro deste país”. O
portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, quer saír ao paso
das declaracións realizadas onte polo candidato do PP á
presidencia da Xunta, Manuel Fraga, en relación a forma en
que accedeu ao goberno do Concello de Allariz...[ler
máis]
*Estamos
de estrea! Á fin dominio propio, a partires de agora
estamos en ArroutadaNoticias.com Redacción,
26 de abril 2005. Por fin estreamos o noso propio dominio,
agora poderás atopar toda a información do que pasa
en Galiza en www.arroutadanoticias.com.
Logo de catro meses de andaina comunicativa pola rede galega a
adquisición dun dominio era xa unha petición a
berros polos nosos lectores. Tamén trocamos o correo
redaccion@arroutadanoticias.com. Polo
de agora poderás seguir conectándote no endererzo
vello e tamén manteremos activa a vella conta de correo. Ao
longo destes meses poderás ir descubrindo novas melloras
que iremos incluíndo, non agardes a que cho conten! Tamén
aprobeitamos para pedir desculpas polos retrasos que puidera haber
estos días na publicación de noticias. Grazas
*Os
CAF da Universídade da Coruña organizan unhas
xornadas sobre o “Modelo de Estado” Redacción,
26 de abril 2005.
O
Comité de Direito dos CAF
d'A Coruña ven de organizar un ciclo de conferencias
baixo o titulo "Xornadas sobre o Modelo de Estado",
haberá unha mesa redonda coas forzas políticas con
representación en Galiza e outras coas
Forzas políticas bascas. As Xornadas serán
clausuradas polo Portavos Nacional do BNG, Anxo Quintana. A
asistencia é libre e de balde...[ler
máis]
*O
BNG felicítase de que Touriño se sume á
proposta de debate formulada por Quintana e remarca que “agora
só fica Fraga” Redacción,
26 de abril 2005. A Executiva Nacional do Bloque
Nacionalista Galego felicítase de que o secretario
xeral do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, se sume á
proposta de debate entre os tres candidatos á presidencia
da Xunta formulada por Anxo Quintana...[ler
máis]
*Adega
organiza novas actividades de Educación
Ambiental Redacción,
26 de abril 2005. Adega
organiza novas actividades de Educación Ambiental nesta
última semana de abril. As charlas, obradoiros e saídas,
inscribense nos programas que Adega está a desenvolver
nestes curso, como o leva facendo nos últimos anos, con
diferentes entidades, concellos, asociacións,
etc...[ler
máis]
*Presentación
das liñas programáticas do BNG en materia de emprego
xuvenil na Coruña Redacción,
26 de abril 2005. Galiza
Nova da Coruña orzaniza para o sábado, 30 de
abril ás 12.00 da mañá,
a presentación das liñas programáticas do
Bloque
Nacionalista Galego en materia de emprego xuvenil, no que
intervirán: Ana Pontón (membro da Executiva Nacional
do BNG e Deputada no Parlamento Galego) e Xosé Lois Seixo
(Responsábel de Formación na Comarca da Coruña
da CIG).
Alén disto proxectarase o documental realizado pola CIG
"Ferreiros dun Mundo Mellor". Será na Sala Caixa
Galicia sita na rúa Médico Rodríguez (Esquina
coa rúa Juán Florez).
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|