ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas do 24/04/2005

Publicidade
Contacto

Novas........

Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Quintana reta a Fraga a un debate e di que o BNG enviará o PP á oposición
Redacción, 24 de abril 2005. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, reta ao presidente do PP, Manuel Fraga, a celebrar debates nos medios de comunicación públicos, TVG e TVE, para que os galegos e as galegas podan coñecer sen censuras e en directo as propostas dos diferentes candidatos e en que condicións se presentan. O cambio galego, dixo, é enviar o PP á oposición...[ler máis]

*O BNG mostra a súa ledicia pola concesión do Pedrón de Ouro a Xosé Manuel Beiras
Redacción, 24 de abril 2005. A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego amostra a súa satisfacción pola concesión do Pedrón de Ouro a Xosé Manuel Beiras...[ler máis]

*
A MESA lamenta que a lexislatura termine sen que se aplicase ningunha medida do plano xeral de normalización da lingua galega (PXNL)
Redacción, 24 de abril 2005. Debido ás eleccións, as Mocidades da Mesa deciden desconvocar a mobilización estudantil prevista para o día 19 de maio.
O pasado mes de setembro foi aprobado por unanimidade no Parlamento Galego o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL). Cando se presentou publicamente, o Goberno comprometeuse a aplicar as primeiras medidas do PXNL no mes de marzo. As semanas pasaron e o Goberno volveu mostrar a súa desidia ao ser incapaz de pór en marcha ningunha das medidas aprobadas hai xa sete meses e que corresponden a un proceso iniciado hai tres anos. O Goberno de Manuel Fraga Iribarne utilizou o PXNL como mera propaganda, maquillaxe “galeguista” para tentar camuflar un dos momentos máis apáticos da política lingüística autonómica...[ler máis]

*Os CAF da Universídade da Coruña organizan unhas xornadas sobre urbanismo e outras sobre militarización

Redacción, 24 de abril 2005. O Comité de Socioloxía dos CAF ven de organizar unhas Xornadas sobre Militarización e Redes Críticas, a matrícula é gratuita e tense solicitado un crédito de libre configuración pola UdC, comezan o martes 26 de Abril e rematan o 29 deste mes. Por outra banda o
s Comités de Arquitectura e Aparelladores organizan unhas completas xornadas sobre urbanismo centradas desta volta nas Áreas Metropolitanas da Coruña, Vigo e Pontevedra. A matrícula é gratuita. Segue a ler para consultar os programas ao completo...[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!