Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas entre o 20/04/2005 e o 21/04/2005

Publicidade
Contacto

­
Novas........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Quintana afirma que o adiantamento eleitoral pon fin a un goberno agónico
Redacción, 22 de abril 2005. O BNG completará as súas candidaturas no prazo de quince días, anunciou o portavoz nacional. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, afirmou onte en Vigo que o adiantamento eleitoral obedece a que Fraga non tivo máis remedio que “pór fin” a un Goberno agónico. “Estou encantado de que Fraga adoptase esta decisión porque remata cun Goberno acabado e agónico”, subliñou Quintana en declaracións aos medios. O portavoz nacionalista salientou que o BNG “parte con vantaxe” ao ser a única forza política “que se adiantou aos acontecimentos, ás mentiras e ás falsedades de Fraga”...[ler máis]

*
A CIG considera que o PP convoca as eleccións só en función dos intereses do partido
Redacción, 22 de abril 2005. Confía en que o pobo galego refrende a mudanza política necesaria para superar a parálise na que está inmersa Galiza. O Executivo de Fraga demostrou sobradamente a súa incapacidade para xestionar politicamente o país.
O Secretario Xeral da CIG
, Suso Seixo, considera que o adianto das eleccións autonómicas para o 19 de Xuño, acordouse atendendo exclusivamente aos intereses do Partido Popular e, en ningún caso pensando no que máis lle convén a Galiza. De ter priorizado os intereses de Galiza “as eleccións deberían terse convocado hai moito tempo”, afirma o secretario xeral da CIG...
[ler máis]

*Quintana anuncia que como presidente o grande reto do seu goberno será acadar a igualdade de oportunidades en Galiza
Redacción, 22 de abril 2005. “O cambio galego que propomos é ter un presidente que vaia a Madrid non a facer oposición nen a recibir ordes, senón a levar alí unha postura de país”. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, anunciou que “o grande reto do próximo goberno nacionalista en Galiza é sacar adiante unha política que permita acadar a igualdade de oportunidades”. Para Quintana, ese obxectivo fica estruturado en “catro grandes eixos de redistribución” de recursos que explicou nunha rolda de imprensa...[ler máis]

*
Folga indefinida do transporte de viaxeiros a partir do 16 de maio
Redacción, 22 de abril 2005. O pasado martes 12 de abril a patronal rachaba as negociacións do convenio do sector de transporte de viaxeiros para o ano 2005. A plataforma unitaria, na que están integradas CIG, UGT e CCOO acordaba, en consecuencia, convocar folga indefinida a partir do 16 de maio para reivindicar melloras na xornada, en materia de saúde laboral, nas condicións de contratación e en demanda de que figure xa no texto a figura do acompañante...
[ler máis]

*O 25 de Abril na Memória
Redacción, 22 de abril 2005. A associaçom cultural Alto Minho organiza jornadas por mor do 25 de Abril...[ler máis]

*Fraga anuncia o adianto das eleccións para o 19 de xuño
Redacción, 21 de abril 2005. Nunha nova mostra de debilidade do PP, Fraga aprobeita a reunión do Consello da Xunta (celebrado esta mesma mañá) para comunicarlle ao seu goberno o adianto das eleccións. Esta estratexia partidista é un claro indicativo do nerviosismo do PP ante unha máis que posíbel perda das eleccións. Con este adianto das eleccións Fraga volvenos a mostrar a decadencia do seu, quizais último, mandato, este adianto producese 4 meses antes do fin da lexislatura. Agora o posíbel cambio de goberno está máis próximo, de todos e todas depende que se produza.

*
Roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume
Redacción, 21 de abril 2005. Un espazo natural protexido que tampouco se libra de ameazas. O Parque Natural das Fragas do Eume, declarado en 1997, esténdese por 9.125 hectáreas de ladeiras e monte que acompañan ao río Eume ao seu paso pola provincia da Coruña, nos concellos das Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume...[ler máis]

*
Quintana reta a Fraga a que cite unha soa medida de goberno adoptada por el no último ano que mellorase o benestar dos cidadáns
Redacción, 21 de abril 2005. “Nen o Goberno de Zapatero agora nen o de Aznar antes lle fan caso a Fraga porque hai moito tempo que non se sabe facer respeitar”. O líder do BNG reprocha a Fraga que gaste as súas escasas enerxías en especular sobre a data eleitoral en función non do interese xeral “senón das súas estratexias partidarias”.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, retou onte a Fraga en Verín a que cite unha soa medida de goberno adoptada no último ano de lexislatura en calquera materia que realmente mellorase o benestar dos cidadáns...[ler máis]

*
Política Agroalimentaria defende unha postura suicida para o sector lácteo galego
Redacción, 20 de abril 2005. Pedir que se manteña a compravenda de cota entre particulares equivale a seguir apostando polo peche masivo de explotacións. O Sindicato Labrego Galego amosa a súa consternación e o seu rexeitamento máis firme ante a nova posición adoptada pola Consellaría de Política Agroalimentaria, que afirma unha barbaridade como que eliminar a compravenda privada de cota láctea entre particulares prexudica a Galiza...[ler máis]

*En marcha o IV Festival do Norte-Estrella Galicia

Redacción, 20 de abril 2005. Esta cuarta edición do Festival do Norte-Estrella Galicia de Vilagarcía ven cargado de boa música e algunha novidade. Para comezar a abrir o apetito musical informamos que no Escenario Estrella Galicia (este ano contarán con dous escenarios) actuarán entre outros Orishas, Macaco, Amparanoia, Bumbury, Carlos Jean...e no outro destinado a dar a coñecer ou redescubrir o mellor das musica da terra, alí actuarán entre outros Lamatumbá, Vado Permanente, Steelwood, Cornelius...As entradas xa están á venda, segue a ler para enterarte de todo...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!