|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Quintana afirma en Ferrol que o BNG é a expresión política da autoestima do pobo galego • O portavoz nacional asegura que “contra os que falan de chantaxe, o único que pedimos é que nos deixen traballar e que Navantia poida construír buques” Redacción 29 de febreiro de 2008 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou onte en Ferrol que, nesta campaña, o BNG “está a demostrar que é unha auténtica maquinaria de autoestima da sociedade galega. É a expresión política da autoestima da sociedade galega e iso é o que máis necesita Galiza: autoestima e proxectos políticos que sexan a expresión desa autoestima”....[ler máis] *O Gran Libro dos Retratos de Animais, de OQO Editora, galardoado cunha Mención de Honra no Premio da Feira de Boloña • É a primeira vez que unha editora galega consigue esta destacada mención Redacción 29 de febreiro de 2008 O Gran Libro dos Retratos de Animais, do selo galego OQO Editora, ven de ser galardoado cunha Mención de Honra no Bologna Ragazzi Award, isto é, o Premio da Feira do Libro Infantil de Bologna Italia, un dos máis importantes galardóns do mundo no eido da Literatura Infantil e Xuvenil. O premio será entregado o vindeiro 31 de marzo en Bologna, Italia, no marco da celebración da feira do Libro Infantil máis importante de mundo ...[ler máis] *Directores galegos e cubanos presentan na Feira da Habana o proxecto "Ópticas cruzadas", con pezas audiovisuais creadas en común • Producións galegas proxectaranse na Feira e emitiranse na televisión cubana Redacción 12 de febreiro de 2008 O audiovisual galego terá unha presenza notable na Feira do Libro da Habana, un dos maiores eventos culturais de Latinoamérica, que ten este ano a Galiza como país convidado. As televisións cubanas emitirán máis dunha vintena de producións galegas e na programación da Feira inclúense proxeccións, mesas redondas e coloquios. Ademais, creadores galegos e cubanos participaron no proxecto "Ópticas cruzadas", que deu como resultado catro filmes que se presentarán na Habana...[ler máis] *A Mesa reclámalle ao PP “máis seriedade e menos crispación” no debate sobre a galeguización do ensino • “O PP debería aclarar cal é o modelo lingüístico que defende para o ensino en Galiza e deixar de procurar a bronca pola bronca” • A Mesa considera “calamitosa” a situación do galego en infantil Redacción 27 de xaneiro de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística solicítalle á dirección do PP que defina cal é o modelo lingüístico que defende para o ensino en Galiza. A entidade cidadá acusa este partido político de carecer “dunha postura minimamente clara” e recorda que “no 2001, o PP votou no Congreso pola plena galeguización do ensino; no 2004, no Parlamento galego polo 50%; no 2007 negociou e defendeu un decreto que decidiu criticar a última hora, para terminar defendendo a aplicación para Galiza do modelo vasco.”...[ler máis] *O BNG defende que se regulamente o dereito ao aborto mediante unha lei de prazos • Rosario Fernández Velho defende que se garanta a posibilidade de interromper voluntariamente o embarazo na rede sanitaria pública e de xeito gratuíto Redacción 15 de xaneiro de 2008 Rosario Fernández Velho, secretaria de Acción Feminista do BNG, asegura que os ataques contra as clínicas onde se practican abortos, así como as citacións xudiciais ás mulleres que interromperon voluntariamente o seu embarazo, son “gravísimos”. Fernández Velho asegura que a sociedade require que se abra un “debate serio sobre a regulamentación do dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo dentro dun prazo e con todas as garantías xurídicas, sanitarias e sociais”...[ler máis] *A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de RENFE e ADIF • A asociación en defensa da lingua denuncia que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise” • Un traballador de venda de billetes exixiulle a unha usuaria que non se dirixise a el en galego e ADIF xustifícao Redacción 15 de xaneiro de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística realizou esta mañá un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias....[ler máis] *O Sanxenxo Dakart Leite Río prepárase xa para participar na alternativa ao Dakar • O equipo galego competirá esta tempada en diferentes competicións internacionais Redacción 10 de xaneiro de 2008 O único equipo galego elixido para participar na edición 2008 do Lisboa-Dakar, o Sanxenxo Dakart Leite Río, recuperouse xa da decepción que supuxo a suspensión da trixésima edición do rally máis duro do mundo. O seu máximo representante, o piloto José López Rivas sinalou esta mañá en roda de prensa que “o equipo volveu de novo ao traballo para preparar a alternativa ao Dakar que presente a A.S.O. para o ano que vén, e que se coñecerá no prazo dun mes”...[ler máis] *Reclaman que Indiana Jones fale galego • As Mocidades da Mesa exíxenlle á Xunta que o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal teña versión na nosa lingua • A distribuidora Paramount xa lle confirmou á Generalitat a dobraxe catalá Redacción 10 de xaneiro de 2008 A sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, para que se dobre ao galego o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal. O próximo título de Spielberg, novamente protagonizado por Harrison Ford, chegará ás carteleiras de toda Galiza o próximo 22 de maio...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
