|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Galiza Nova presenta unha campaña na que reivindica o dereito a decidir con motivo do día da Constiución Española • “Somos galegos, somos galegas que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación” será o lema das mocidades do BNG Redacción 05 de decembro de 2007 A campaña que comeza Galiza Nova mañá, día da Constitución Española, leva por lema “Somos galegos, somos galegas, que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación”. Está enmarcada dentro da defensa da organización xuvenil de que se modifique a concepción unitaria do Estado e se recoñezan as nacións que existen nel, como a galega, a través dun estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe...[ler máis] *Nace “A Liña do Galego”, para tramitar queixas, consultas e parabéns sobre dereitos lingüísticos • Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org • A Mesa elaborará un informe anual con todas as informacións recibidas Redacción 26 de novembro de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística pon hoxe en funcionamento A Liña do Galego, un servizo gratuíto dirixido a toda a poboación que atenderá consultas sobre dereitos lingüísticos e tramitará queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneren, así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego...[ler máis] *Galiza estreará este nadal selección nacional feminina de fútbol • Camerún e Cataluña serán os rivais das seleccións masculina e feminina, respectivamente, o próximo día 27 de decembro en Balaídos • Marta Souto destacou o debú da selección feminina xa que “é ir avanzando nun dos proxectos da nosa dirección, acadar a equiparación do deporte masculino e feminino” Redacción 08 de novembro de 2007 Galiza contará a partir deste Nadal con selección feminina de fútbol. Esta foi a principal novidade da rolda de prensa ofrecida pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana...[ler máis] *O alumnado do IES Melide celebrará o Día do Peón 2007 na praza do convento da vila • O alumnado do IES Melide é tamén o autor do Manifesto que se lerá en todos os lugares onde se celebre o Día do Peón 2007 • Máis de 6000 escolares de toda Galiza poñerán a bailar os seus trompos simultaneamente • Na Terra de Melide está confirmada tamén a participación do CEIP “Pastor Barral” Redacción 08 de novembro de 2007 O vindeiro 9 de novembro, venres, é a data elixida por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo vén marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tales como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituíndo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns outros refráns como Pola Santa Olaia, peóns á borralla...[ler máis] *Innovación e Industria colaborará coa asociación PuntoGal para impulsar o dominio galego en internet Redacción 10 de outubro de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria e a Asociación PuntoGal asinarán un convenio de colaboración para o impulso do dominio .Gal, no marco das políticas que está a desenvolver o departamento autonómico para promover a Sociedade da Información en Galiza...[ler máis] *A conselleira de Cultura presenta no Parlamento o primeiro plan de lectura de Galiza Redacción 10 de outubro de 2007 Este programa ordea por primeira vez de forma integral todos os esforzos que se realizarán para incrementar o hábito da lectura e fortalecer todos os actores do sector, desde libreiros a bibliotecas ou editores. As estratexias que expuxo a conselleira inclúen un importante esforzo financeiro: 50 millóns de euros até o ano 2011...[ler máis] *Medio Rural recupera o desfile de gando polas rúas de Lugo co gallo do San Froilán Redacción 02 de outubro de 2007 Con esta iniciativa preténdese lembrar as orixes agrogandeiras desta festividade e ensalzar as razas autóctonas de produción (ovella galega, cabalo pura raza galega, porco celta, etc.) Trátase dun desfile "simbólico" que recordará a tradición de trasladar o gando até a Feira de San Froilán, a través das rúas da cidade, algo que non se produce desde os anos 50 do pasado século...[ler máis] *Solar PST-Energie inauguran en Portugal a maior fábrica de paneis solares de Europa Redacción 02 de outubro de 2007 A empresa galega Solar PST dá un paso significativo no seu plan de expansión comercial no mercado internacional coa inauguración, xunto con Energie, o pasado 27 de setembro, dunha nova factoría en Povoa de Varzim, en Portugal. A nova fábrica é a maior planta de paneis solares termodinámicos de Europa, ocupando a planta de montaxe de 3.000 m2. Esta ampliación é froito do crecemento sostido rexistrado pola empresa nos últimos seis anos...[ler máis] *A Consellaría de Innovación e Industria colabora cun estudo sobre a contaminación dos fondos mariños nos portos de Galiza Redacción 02 de outubro de 2007 A empresa Centro de Investigaciones Submarinas S.L. (C.I.S.), en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria, está a realizar un estudo sobre a contaminación que provocan nos fondos dos portos galegos produtos antiincrustación ou “antifouling”, é dicir, aqueles cos que se evita a corrosión que determinados organismos vivos provocan ao incrustarse na parte somerxida das embarcacións...[ler máis] *O baloncesto chegará aos centros de menores da Xunta da man dun convenio entre Deportes e Vicepresidencia Redacción 02 de outubro de 2007 A Consellería de Cultura e Deporte e máis a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asinaran na pasada primavera un convenio marco encamiñado a deseñar actuacións que promovan a integración e a igualdade no ámbito deportivo. Froito desas pautas de actuación resultaron programas como o Cachibol, destinado a maiores, ou Vela para todos encamiñado a superar discapacidades físicas para a práctica deste deporte...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
