|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Suárez Canal avanza que este ano as socias e socios das cooperativas vitivinícolas tamén poderán acollerse ao cobro anticipado da uva • Coa ampliación desta medida aos cooperativistas, a Consellaría estima que se poderán beneficiar ao redor de 2.450 viticultores máis en toda Galiza Redacción 30 de setembro de 2007 O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, avanzou esta mañá que as socias e socios das cooperativas vitivinícolas galegas poderán acollerse este ano, por vez primeira, ao pagamento adiantado da uva de castes, logo de que este departamento chegara a un acordo co IGAPE con este fin...[ler máis] *Suárez Canal anuncia a creación da Sociedade Xestora do Banco de Terras e o decreto de cinco Zonas de Especial Interese Agrario nas que se actuará prioritariamente ao longo deste exercicio • Por decreto da Xunta de Galiza está prevista a delimitación de novas Zonas de Especial Interese Agrario (ZEIA) de xeito progresivo co obxectivo de que nun prazo de cinco anos toda a superficie agraria útil do País estea incluída nesta catalogación. • No último trimestre do 2007, está prevista a declaracións de ZEIA dos concellos que constitúen as comarcas de Ordes, Terra Cha, A Limia, O Deza e Baixo Miño, que comprenden un total de 38 concellos, cunha Superficie Agraria de 220.000 hectáreas, prevéndose actuar sobre unhas 30.000 hectáreas que se atopan en situación de abandono ou semiabandono. Redacción 11 de setembro de 2007 O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentou esta mañá en comparecencia no Parlamento Galego a creación da Sociedade BANTEGAL, unha entidade sen ánimo de lucro que actuará como instrumento de xestión e asesoramento no funcionamento do Banco de Terras de Galiza...[ler máis] *O Comité de Expertos do Consello de Europa velará para que o sistema educativo de Galiza sexa “esencialmente en galego” • Callón recorda que “a Carta Europea das Linguas, que di que todo o ensino non universitario debe ser con normalidade en galego, foi aprobada por unanimidade baixo o goberno de José María Aznar” Redacción 11 de setembro de 2007 O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística, mantivo esta mañá un encontro co Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. O Comité de Expertos, que xa en 2005 sinalou nun informe oficial a necesidade de que o sistema educativo de Galiza sexa “esencialmente en galego”, proporá unha serie de medidas para conseguir que este tratado internacional sexa cumprido en Galiza...[ler máis] *As rías galegas estanse transformando en ríos pola presión urbanística e polos recheos, segundo quedou de manifesto no segundo día de debate das V Xornadas Ciencia e Territorio que se celebran en Melide Redacción 11 de setembro de 2007 Continúan desenvolvéndose en Melide as V Xornadas Ciencia e Territorio, organizadas polo IES de Melide e pola organización pedagóxica Nova Escola Galega. O tema central desta quinta edición das Xornadas é “A auga: Usos e abusos”. En palabras de Juan José González, do Instituto Español de Oceanografía, as rías galegas estanse convertendo en ríos, por culpa dos recheos, dos dragados e da presión urbanística...[ler máis] *Antón Bao califica de “fito histórico” a visita de Severino Rodríguez por ser a primeira vez que un Alcalde nacionalista é recibido polo Goberno da Deputación de Lugo Redacción 11 de setembro de 2007 O vicepresidente provincial destaca a “presenza en aumento” do nacionalismo galego en todas as institucións do país durante a recepción oficial de todos os grupos políticos ao rexedor monfortino...[ler máis] *Innovación e Industria prevé triplicar en 2010 o número de turistas xaponeses que visitan o noso país Redacción 11 de setembro de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguíbar, presentaron en Toquio dúas publicación pioneiras sobre Galiza como destino turístico, editadas en xaponés e destinadas especificamente a dar a coñecer o noso país no Xapón, o “terceiro mercado emisor mundial”, segundo dixo o titular nacionalista. O conselleiro explicou que un obxectivo desexábel de cara ao próximo Xacobeo (2010) sería o de triplicar o número de viaxeiros xaponeses no país galego...[ler máis] *Cultura organiza xunto coa USC o curso de verán `Visións de Galiza no Centenario de Pascual Veiga’ Redacción 11 de setembro de 2007 O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presenta mañá na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela o curso de verán `Visións de Galiza no centenario de Pascual Veiga (1842-1906)’, que terá lugar até o 14 de setembro...[ler máis] *A Xunta entrega no xulgado a solicitude para poder entrar no Pazo de Meirás • O letrado da Xunta depositou esta mañá a petición da Consellaría no rexistro dos Xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña Redacción 11 de setembro de 2007 A Consellaría de Cultura e Deporte solicitou hoxe formalmente o amparo da Xustiza para que persoal técnico da Consellaría poida acceder ao pazo de Meirás e levar a cabo unha inspección do interior do edificio. Foi o letrado da Xunta de Galicia o que depositou esta mañá en representación da Consellaría a petición no rexistro dos xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña. Coa presentación desta solicitude, Cultura quere facer valer o seu dereito de inspección ante a obstrución dos propietarios á entrada dos técnicos...[ler máis] *O Valedor reafírmase nos seus prexuízos contra o galego nunha entrevista co presidente da Mesa • A Mesa solicita entrevista cos grupos parlamentares para que “solucionen o problema que crearon con este nomeamento” Redacción 11 de setembro de 2007 “Insatisfactoria”. Así cualificou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a reunión mantida esta mañá en Compostela co Valedor do Pobo, Benigno López. O dirixente da asociación en defensa do galego acudía á entrevista coa intención de obter por parte de López unha rectificación a respecto das súas declaracións, publicadas en diferentes medios de comunicación, sobre o galego no ensino, na xustiza e no cinema, nas que atacaba gravemente a convivencia e os dereitos lingüísticos recoñecidos pola lexislación. Outro dos obxectivos da entrevista era obter un compromiso firme por parte do Valedor en prol da defensa dos dereitos lingüísticos e do proceso de normalización lingüística...[ler máis] *O director de Elogia Media-GalizaBanner asistirá ao exclusivo seminario “Above & Beyond” de Google • Celébrase este mércores en Dublín. A empresa estadounidense convidou só sete expertos de axencias de medios interactivos do estado español Redacción 11 de setembro de 2007 O director da recentemente fusionada Elogia Media-GalizaBanner, Rubén López Ferreiro, foi convidado por Google a asistir ao seminario Above & Beyond 2007, que se celebra este mércores, 12 de setembro, na capital de Irlanda, Dublín. O convite supón un novo reforzo á proxección internacional da compañía galega, pois a este curso só foron convocados os expertos das sete maiores axencias de medios interactivos do estado español...[ler máis] *Carlos Callón: “Se non rectifica, ao Valedor só lle quedan dúas opcións: ou renunciar ou ser cesado por incumprimento das súas obrigas” • O presidente da Mesa sinalou que non se descartan mobilizacións no caso de que Benigno López non aclare a súa postura sobre o galego Redacción 13 de agosto de 2007 Case dúas semanas despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística pedise publicamente ao novo Valedor do Pobo, Benigno López, que rectificase as súas declaracións nas que cuestionaba o uso do galego no ensino e na xustiza realizadas en entrevistas a distintos medios de comunicación, este aínda non fixo ningún tipo de aclaración ao respecto...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
