|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*A nova xestión da Fundación Cidade da Cultura acabou co ocultismo e o desleixo do anterior goberno Redacción 31 de xullo de 2007 O informe crítico do Consello de Contas sobre a Fundación Cidade da Cultura durante a etapa do anterior goberno coincide co que a Consellaría de Cultura leva afirmando desde o cambio de goberno. En distintas comparecencias parlamentarias e informacións aos medios fíxose referencia á falla de planificación, ao ocultismo na comunicación do proxecto, á falla de conexión co sector cultural de Galiza e á ausencia dun verdadeiro proxecto cultural por parte do goberno do Partido Popular...[ler máis] *En resposta ao BNG, o Goberno Central recoñece que, a diferencia do resto do Estado, dende 2004 o número de falecidos en accidentes de tránsito en Galiza non se reduciu · Francisco Rodríguez considera que “non se debería pór o acento só en castigar ao conductores” e que o Goberno “debería preocuparse igualmente polo mal estado de moitas estradas de titularidade estatal”, como a AP-9 Redacción 31 de xullo de 2007 En resposta a unha pergunta do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, o Goberno Central recoñece que a evolución dos accidentes mortais en Galiza non é positiva, a diferencia do resto do Estado onde, en conxunto, dende 2004 houbo unha reducción do número de falecidos na estrada...[ler máis] *Un representante da FAO amosa o seu interese polo Banco de Terras e os proxectos LEADER de Galiza Redacción 31 de xullo de 2007 Os directores xerais de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, e de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, mantiveron esta mañá unha xuntanza con Richard Eberlin, oficial de Tenencia da Terra da Oficina Rexional da FAO para Europa e Asia, que amosou o seu interese por coñecer o funcionamento do Banco de Terras de Galiza. Unha iniciativa impulsada pola Consellaría do Medio Rural...[ler máis] *Miles de persoas celebran o día da Patria co BNG en Compostela · Unhas 25.000 persoas encheron a Praza da Quintana Redacción 26 de xullo de 2007 Onte Galiza celebraba o seu día, e como ven sendo cotiá o nacionalismo galego da man do BNG fai balazo e renova forzas para os vindeiros retos. Na tradicional manifestación e posterior arenga convocada polo BNGxuntáronse desta volta unhas 25.000 persoas, facendo pequena a Praza da Quintana. Garantir o dereito da nación galega a existir como tal e a exercer o seu dereito de autodeterminación o repaso aos logros eleitorais conseguidos e poñer na mente de todas e todos as vindeiras eleccións estatais, foron o eixo dos descursos da Secretaria Xeral de Galiza Nova Iria Aboi, e do Portavoz Nacional do Bloque, Anxo Quintana...[ler máis] *Cultura pacta un convenio co Consorcio para a Promoción da Música, para a realización conxunta do 55 Festival da Ópera Redacción 26 de xullo de 2007 A Consellaría de Cultura e Deporte acordou un convenio de colaboración co Consorcio para a Promoción da Música, para a realización conxunta do 55 Festival da Ópera. O acordo foi levado ao Consello da Xunta, que procedeu hoxe á súa autorización...[ler máis] *A Mostra de Teatro Afeccionado do Condado arrancou con éxito de público Redacción 26 de xullo de 2007 Na noite do 25 de Xullo botou a andar a 6ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado do Condado con éxito de participación e do grupo que levantou o pano. “Os sete magníficos mais un” deleitaron aos asistentes cun espectáculo cheo de humor durante máis dunha hora...[ler máis] *A formación Pradairo abre en Lucí -Teo- o programa de artes musicais XprésaTe-Ho! Redacción 26 de xullo de 2007 A formación Folk Pradrairo abre mañá venres o programa de artes musicais XprésaTe-Ho!, organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Teo. A primeira actuación será no campo da festa da parroquia de Lucí e comezará a partir das 22,30 horas...[ler máis] *O BNG considera innecesario un director xeral para a Policía Local de Lugo Redacción 26 de xullo de 2007 O grupo municipal do BNG reiterou hoxe o seu rexeitamento ao nomeamento dun director xeral para a Policía Local, ao consideralo “innecesario”. Os nacionalistas afirman que Lugo non precisa desta figura porque ten un inspector xefe da Policía Local. “Non ten sentido que unha cidade coma Lugo teña na Policía Local un inspector xefe, un coordinador, que foi nomeado por este equipo de Goberno do PSOE, e ademais agora, por riba, un director xeral”, afirmou hoxe Paz Abraira, que lembra o “fiasco” do anterior director xeral de Policía, Sergio Ruíz Platero, que só estivo 4 meses no cargo...[ler máis] *Organizacións estudantís, sindicais e de nais e pais presentan o manifesto “Ensino en galego” Redacción 26 de xullo de 2007 O pasado venres 20 presentouse no Auditorio de Galiza o manifesto “Ensino en galego”, promovido por catorce entidades representativas do conxunto da comunidade educativa galega. Impulsan este manifesto en defensa do dereito á escolarización na lingua propia de Galiza a confederación de APAs públicas, as organizacións estudantís de secundaria, movementos de renovación pedagóxica, os principais sindicatos do ensino (representan o 90% do profesorado) e a federación de escolas católicas concertadas, que en Galiza aglutina 125 centros...[ler máis] *O BNG aposta por “democratizar” a Deputación de Lugo dando presenza a todos os grupos políticos nos seus organismos · Antón Bao aposta por “non duplicar compentencias” coa Xunta de Galiza e por que a principal función da Deputación sexa a de “cooperar e prestar asistencia aos Concellos da provincia” Redacción 10 de xullo de 2007 BNG e PSOE comezaron a negociar un Goberno conxunto para a Deputación de Lugo nunha primeira xuntanza de preto de tres horas de duración co obxectivo de ter pechado un pacto de Goberno antes da constitución da institución provincial, prevista para o vindeiro sábado...[ler máis] *O Instituto Galego de Consumo inmobilizou cautelarmente até onte 4.245 dentífricos con indicios de irregularidades Redacción 10 de xullo de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, por medio do Instituto Galego de Consumo, intensificou o seu labor de control de mercado, a través da Inspección de Consumo de Galiza, dirixida á detección no comercio galego de existencias de produtos de hixiene persoal, concretamente dentífricos, que revistan indicios de irregularidade de acordo cos datos procedentes da FDA (Axencia do Goberno dos Estados Unidos de América responsables da regulación de medicamentos) e da AEMPS (Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios)...[ler máis] *Constituído o Instituto de Estudos Turísticos de Galiza, co nomeamento de Ánxeles Piñeiro como directora · O conselleiro de Innovación e Industria presidiu a constitución deste órgano, que traballará na elaboración de estatísticas e no ámbito investigador Redacción 02 de xullo de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Álvarez, presidiu esta mañá en Santiago o acto de constitución do Instituto de Estudos Turísticos de Galiza, xuntanza na que se decidiu nomear directora do mesmo a Ángeles Piñeiro Antelo, investigadora da USC experta en turismo...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
