|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*O BNG pregúntalle ao PSOE se quere chegar a un pacto de goberno en Lugo ou se Orozco xa ten decidido unha coalición de centro-dereita co PP · O BNG esixe saber antes de ir á vindeira reunión se Orozco acepta o acordo marco asinado por Touriño Redacción 26 de xuño de 2007 O BNG considera que Orozco xa ten decidido formar "un Goberno de centro-dereita co PP" en Lugo e por iso non ten intención ningunha de negociar un Goberno de coalición estable co BNG. O responsable comarcal do BNG e voceiro nacionalista nas negociacións, Xesús Méndez, declarou que "Orozco xa deixou claro onte no pleno que prefire pactar co PP antes que co BNG polo que é lóxico, se esas son as súas preferencias, que o PSOE non queira xa negociar co BNG"...[ler máis] *A Mesa exíxelle ao Concello de Tui que non exclúa o galego da sinaléctica turística · O goberno municipal xustificou a escolla "para que entendan a cartelaría os moitos visitantes portugueses que veñen de visita" Redacción 26 de xuño de 2007 A sinalización con información turística que dende hai unhas semanas se vén instalando en distintos puntos senlleiros do casco vello tudense aparece exclusivamente en castelán, segundo denuncian os socios e socias da Mesa do grupo comarcal do Baixo Miño, que recordan que non é o primeiro caso de exclusión da lingua galega por parte do Concello de Tui...[ler máis] *Innovación e Industria e a Xerencia do Sector da Construción Naval impulsan a formación e a cualificación do persoal das industrias auxiliares do naval Redacción 26 de xuño de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria e a Xerencia do Sector da Construción Naval colaborarán para impulsar a formación do persoal da industria auxiliar do sector da construción naval, en virtude do convenio asinado hoxe entre ambos os organismos. O titular da Consellaría de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado polo director xeral de Desenvolvemento Industrial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Jesús Candil, e pola directora xeral de Promoción Industrial da Consellaría de Innovación, Helena Veiguela, fixo presentación deste convenio, que prevé destinar 1.205.000 euros para os programas de formación de traballadores este 2007...[ler máis] *O BNG ostentará a alcaldía de Castrelo de Miño tras desestimar o TSXG o recurso dunha candidatura independente · En Arnoia o TSXG estimou o recurso do BNG anulando a votación nunha mesa Redacción 26 de xuño de 2007 O recurso contencioso-electoral ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) presentado polos Independentes por Castrelo de Miño para solicitar a anulación dunha papeleta correspondente ao censo de residentes ausentes foron desestimados. Por outra parte, o TSXG estimou o recurso presentado polo BNG no concello de Arnoia, anulando a votación na mesa A,sección 1, distrito 01, ordenando a repetición das eleccións na mesma...[ler máis] *A Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico contará cun parque especializado en arqueoloxía subacuática Redacción 26 de xuño de 2007 A unidade de arqueoloxía subacuática que se creará no Museo de Mar, en Vigo, constituirá o quinto piar da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico (RGPA). A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, informou hoxe no Parlamento que esta instalación completará os outros catro parques arqueolóxicos que forman a Rede e que están especializados en cadansúa área temática: arte rupestre, megalitismo, cultura castrexa e mundo romano...[ler máis] *O PSOE da Estrada escenifica unhas negociacións falladas co BNG para xustificar o seu acordo co Cidadáns de Galicia (ex-PP) Redacción 26 de xuño de 2007 Na tarde de onte tivo lugar o Pleno de Organización do Concello da Estrada, no que o Alcalde retirou da Orde do día a súa dedicación exclusiva a proposta do Concelleiro Sr. Reboredo Baños, quen saltándose a quenda de intervencións se apresurou a facer uso da palabra, realizando a proposta de retirada do punto do debate plenario, "non por cuestión da contía" das retribucións propostas polo Alcalde, senón "por cuestións de procedemento", feito que ao fin puxo en evidencia con que forza política ten vontade de acordo o PSOE da Estrada. ..[ler máis] *PSOE e BNG seguen sen acordo para gobernar Lugo · As dúas partes quedaron emprazadas a unha última xuntanza que podería celebrarse o vindeiro luns Redacción 21 de xuño de 2007 BNG e PSOE manteñen posturas moi distanciadas. O PSOE non acepta o acordo marco asinado en Santiago polas direccións do BNG e o PSOE e fixo hoxe unha proposta ao BNG moi por debaixo da representatividade que lles deron os cidadáns nas urnas (o PSOE ofrece áreas secundarias que non chegarían ao 10% do investimento real do Concello, cando o BNG ten 25% do Goberno, segundo os resultados do 27 de maio). Continúa a ler para escoitar a valoración do BNG á saída da reunión de hoxe...[ler máis] *Cultura suspende temporalmente a autorización da urbanización do polígono do Pino para avaliar a existencia da traza histórica do Camiño de Santiago · A suspensión temporal evitará a posíbel destrución de restos Redacción 21 de xuño de 2007 As obras de urbanización do polígono empresarial do Pino non poderán iniciarse mentres a Consellaría de Cultura e Deporte non resolva o recurso presentado pola Asociación de Propietarios de Solo. A Consellaría decidiu suspender o permiso para a urbanización para poder avaliar se, tal e como afirma a Asociación, as obras afectarían unha suposta unha traza histórica do Camiño de Santiago...[ler máis] *Shrek Terceiro non se estreará en galego porque Política Lingüística non xestionou a súa dobraxe · En Catalunya si haberá versión catalá grazas a unha campaña do departamento homólogo · A secretaria xeral Mª Sol López, do PSOE, incumpre unha outra vez o acordado no PXNL Redacción 21 de xuño de 2007 As Mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian que non será posíbel ver en galego o filme Shrek Terceiro, unha das estreas de animación máis esperadas do ano que mañá chega ás salas de todo o país. Mentres, en Catalunya Shrek e a súa dona Fiona falarán en catalán con toda normalidade: será grazas á campaña "Dóna corda al cinema en catalá", impulsada pola secretaría de Política Lingüística da Generalitat...[ler máis] A Mesa considera que a resposta do Hospital Modelo "non é de recibo" *Bao advirte a Besteiro que aínda non é Presidente da Deputación de Lugo nin o será se non hai acordo co BNG · Antón Bao pídelle a Besteiro que "non poña o carro antes que os bois" e aclara que "o primeiro que hai que negociar é un programa para cambiar as cousas na institución provincial" · Os nacionalistas piden "respecto" ao PSOE e critican que Besteiro se "autoproclame" presidente da Deputación cando "non ten os votos necesarios para selo" Redacción 19 de xuño de 2007 O BNG mostrouse hoxe "molesto" coa actitude do PSOE en relación á Deputación Provincial de Lugo e pediulles "respecto" aos socialistas. Antón Bao, actual voceiro do BNG na Deputación e que foi reelexido onte en Asemblea diputado procincial polo partido xudicial de Lugo, recomenda a José Ramón Gómez Besteiro "que mida as súas palabras" pois "nin é presidente da Deputación nin o será se non hai acordo co BNG". Bao deixa claro que "os votos do BNG son imprescindíbeis"...[ler máis] *Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña obriga os nenos a non falarlle galego na consulta · A Mesa denuncia a desprotección dos pacientes perante este tipo de situacións na sanidade privada Redacción 19 de xuño de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística tivo coñecemento dun novo caso de grave discriminación por razón da lingua empregada. A denunciante foi unha muller que acudiu con seu fillo, un rapaz de 13 anos, a unha consulta pediátrica ordinaria no Hospital Modelo da cidade da Coruña, de titularidade privada. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando presenciou como a médica lle exixía ao rapaz "que se dirixise a ela en castelán" visibelmente alterada e con moi maos modos...[ler máis] *Innovación e Industria promociona en Portugal o turismo de saúde de Galiza · Ao longo de dúas semanas Turgaliza dará a coñecer cunha promoción en centros comerciais as posibilidades do termalismo galego en Lisboa e Porto Redacción 18 de xuño de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, a través de Turgaliza, inicia hoxe a promoción Somérxete en Galiza no centro comercial Colombo de Lisboa ao obxecto de promocionar o Turismo de Saúde entre os cidadáns da capital lusa. Esta promoción, que se desenvolverá en Lisboa ato o vindeiro sábado, 23 de xuño, tamén se realizará no centro comercial Norte Shopping do Porto, entre os días 26 de xuño e 1 de xullo...[ler máis] *Redondela e Lugo, acollen as conferencias dos escritores e xornalistas galegos, Ignacio Ramonet e Ramón Chao, este xoves e venres Redacción 18 de xuño de 2007 Redondela o xoves 21 e Lugo o venres 22, -os seus lugares de nacemento- serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre "A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos" e máis sobre "A guerra contra os pobres", temas interrelacionados que ámbos os dous oradores debullarán na súa conferencia conxunta...[ler máis] *A Axenda Estratéxica de Investigación TIC guiará o futuro do sector até o 2014 Redacción 18 de xuño de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e o presidente da Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC, Antonio Rodríguez del Corral, presentaron esta mañá en Santiago de Compostela a Axenda Estratéxica de Investigación do Sector TIC 2007-2014. Este documento, elaborado pola Plataforma, establece os principais retos e liñas de traballo para o futuro do sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións en Galiza...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
