|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Primeiro contacto en Lugo: O PSOE acepta modificar o Plan Xeral · A primeira xuntanza entre socialistas en nacionalistas en Lugo durou tres horas e centrouse nos principais aspectos programáticos plantexados polo BNG Redacción 14 de xuño de 2007 Tres horas durou a primeira xuntanza entre socialistas e nacionalistas na cidade de Lugo. Despois deste primeiro encontro, celebrado finalmente nun hotel da cidade, o PSOE acepta modificar o Plan Xeral nos aspectos que pedían os nacionalistas, segundo explicou o responsable comarcal do BNG e voceiro nas negociacións, Xesús Méndez, ao remate do mesmo...[ler máis] *As consellarías de Innovación e Industria e do Medio Rural colaboran na posta en marcha dun proxecto de aproveitamento da biomasa nunha comunidade de montes de Ponteareas Redacción 14 de xuño de 2007 Os conselleiros de Innovación e Industria e do Medio Rural, Fernando Blanco e Alfredo Suárez Canal, e máis os presidentes da Asociación Forestal de Galicia e da Comunidade de Montes en Man Común de Xinzo (Ponteareas), Francisco Fernández e Carmen Boentes, respectivamente, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o fomento do aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria...[ler máis] *Preséntase o Informe 2006 do Movemento polos Dereitos Civís Redacción 14 de xuño de 2007 O Movemento polos Dereitos Civís presentou hoxe en Compostela o Informe 2006, que pretende servir como radiografía do estado dos dereitos e liberdades en Galiza. Xosé María Fernández, membro do MpDC e avogado, afirmou no acto que abonda con ler o relatorio para "decatarse da importancia que ten nos nosos días a existencia de asociacións como o MpDC", xa que os dereitos precisan dunha defensa activa e constante por parte da sociedade civil auto-organizada...[ler máis] *O sábado preséntase a Uniat, plataforma de ensino para o desenvolvemento Redacción 14 de xuño de 2007 Baixo a denominación Uniat - Plataforma de Ensino para o Desenvolvemento presentarase este sábado día 16 unha federación de entidades privadas sen ánimo de lucro concebida para articular a oferta educativa e de formación que as propias entidades cidadás desenvolven para cubrir as necesidades comunitarias...[ler máis] *Lingua e cultura galegas para recibir os universitarios de intercambio · O Voluntariado de Activación Lingüística da Mesa e a Dirección Xeral de Xuventude esténdese á Universidade de Santiago cun programa de acompañamento de estudantes Redacción 13 de xuño de 2007 Máis de 1.800 estudantes dos diferentes programas de intercambio nos que participa a Universidade de Santiago de Compostela (Erasmus, Séneca e intercambios bilaterais), poderán participar durante o vindeiro curso académico no PAE (Programa de Acompañamento de Estudantes), grazas ao cal coñecerán a lingua e a cultura galegas á súa chegada aos campus de Santiago e Lugo, ademais de recibiren orientación sobre a propia universidade por parte de alumnas e alumnos galegos da mesma...[ler máis] *O MpDC exixe a dimisión de Manuel Ameijeiras, Delegado do Goberno en Galiza · Critica as súas recentes declaracións como mostra da criminalización da sociedade galega Redacción 12 de xuño de 2007 O Movemento polos Dereitos Civís vén de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas na rede para exixir a dimisión inmediata do Delegado do Goberno en Galiza, Manuel Ameijeiras. Desde que adquiriu o cargo, Ameijeiras é o responsábel directo do uso da violencia policial contra todo tipo de movementos sociais, segundo denuncia o colectivo...[ler máis] *Innovación e Industria, Endesa e as centrais sindicais galegas acordan darlle continuidade até 2012 ao plan de desenvolvemento económico industrial para As Pontes Redacción 12 de xuño de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o director de Desenvolvemento de Negocio e Programas de Endesa, Martín Madrid Sanz; e os representantes de CCOO, José Enrique Chamosa, CIG, Tomás Pena, e UGT, Fernando Basoa, asinaron esta mañá en Santiago o acordo para a realización das actuacións contidas no Plan de Desenvolvemento Económico Industrial para As Pontes...[ler máis] *O CEIDA e o CETMAR organizan un seminario de Responsabilidade Social Empresarial dirixido ao sector pesqueiro · O evento celebrarase o próximo luns no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros Redacción 12 de xuño de 2007 O CEIDA, o CETMAR e a Universidade de Vigo organizan para o próximo luns, 18 de xuño, un seminario de Responsabilidade Social Empresarial co obxectivo de buscar o equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental no sector pesqueiro de baixura e marisqueiro. O evento celebrarase no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, sede do CEIDA...[máis en Marítima] *O Cineclube de Compostela condenado pola proxección de Terra negra Redacción 12 de xuño de 2007 O pasado 30 de Maio, o xuíz Pablo González Carreró Fojón estimaba a denuncia presentada pola produtora Cámara Oscura Películas SL contra o Cineclube de Compostela pola proxección de Terra negra. Coa súa sentencia, condénase ao Cineclube ao pago de 250 euros, máis intereses e custos, en concepto duns alegados dereitos de exhibición, ignorando por completo toda a nosa defensa...[máis en Cinema] *O Plan Galego das Artes Escénicas será a guía para potenciar o teatro e a danza galegos Redacción 12 de xuño de 2007 A Consellaría de Cultura e Deporte presentou hoxe o borrador do Plan Galego das Artes Escénicas, unha guía de estratexias e liñas concretas para gañar protagonismo social e proxección exterior. O borrador comezarase a debater ese mesmo mes con máis de 60 representantes de todos os axentes implicados para obter un marco eficiente e consensuado para as artes escénicas para os vindeiros anos...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
