ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Nova entre o 04/06/07 e o 06/06/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

Publicidade:

*Quintana pide que Zapatero convoque a todas as forzas políticas parlamentarias para buscar un acordo unitario contra ETA
· Agarda que ninguén teña "a intención de sacar rédito partidario e partidista dunha situación tan lamentábel coma esta"
Redacción 06 de xuño de 2007 Anxo Quintana solicitou, en nome do BNG, que o presidente do goberno estatal, Jose Luís Rodríguez Zapatero, "convoque a todas as forzas políticas do arco parlamentar, fundamentalmente para fraguar un acordo de unidade de todos os demócratas" ante a ruptura do alto ao fogo de ETA...[ler máis]

*Conxelado proceso constituínte da Universidade Autónoma do Atlántico
· Os estatutos proxectados pola iniciativa entran parcialmente en conflito coa normativa universitaria
Redacción 06 de xuño de 2007 Dada a incompatibilidade de uso do termo "Universidade", e cargos asociados como "reitor", "vicerreitores", etc., tal e como se contempla na actual Lei de Universidades (modificada en abril de 2007), o proxecto asociativo denominado "Universidade Autónoma do Atlántico" (Uniat) non poderá concretarse baixo a súa forma actual. Os responsábeis da entidade definirán esta semana unha alternativa harmoniosa co actual marco lexislativo...[ler máis]

*Entra en vigor o Decreto para que as permutas voluntarias de fincas rústicas en Galiza queden exentas de impostos
Redacción 06 de xuño de 2007 O Diario Ofical de Galiza publica hoxe o Decreto polo que se establece o procedemento para autorizar as permutas voluntarias de fincas rústicas, aos efectos de solicitar a exención do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Esta norma, que mañá entra en vigor, vai permitir que os titulares dos predios non teñan que tributar pola reordenación das terras como se se tratara dunha compravenda, podendo presentar as súas solicitudes de autorización no prazo dun mes, contados a partir do día seguinte á sinatura da escritura pública da permuta...[ler máis]

*Presentouse o Comité Galego de Apoio á Campaña Mundial para a Reforma das Institucións Internacionais
Redacción 06 de xuño de 2007 Coa presenza dos representantes das organizacións asinantes, vense de presentar o Comité Galego de Apoio á Campaña Mundial para a Profunda Reforma do Sistema de Relacións Internacionais, unha iniciativa promovida polo Foro Ubuntu que pretende destacar as carencias dos organismos multilaterais globais coma as Nacións Unidas, o Fondo Monetario Internacional ou o Banco Mundial e impulsar a súa democratización a partir do movemento social...[ler máis]

*A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol traballa nun dossier sobre a Mutualidade Deportiva
· Pese ás promesas da Federación Galega, a Comisión Delegada segue sen ser convocada o que incumpre claramente o estabelecido
· Na páxina web oficial da Federación Galega, continúa Xullo Meana como presidente e o resto de inhabilitados nos seus cargos en contra da resolución da Xunta de Galiza

Redacción 06 de xuño de 2007 A Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrou na tarde-noite de onte a súa reunión mensual na sede de Santiago de Compostela, na que estiveron presentes a práctica totalidade dos seus compoñentes, entre eles o actual Presidente, Plácido Díaz e o Vicepresidente e candidato á Presidencia da Federación Galega, Antonio Pérez González...[ler máis]

*Innovación e Industria e Gas Galiza destinan preto de 19 millóns de euros para subministrar gas natural a 25 novos municipios
Redacción 06 de xuño de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o presidente de Gas Galiza, Antoni Peris, presentaron hoxe o convenio de colaboración asinado pola Consellaría e a empresa co fin de desenvolver a cuarta fase do plan de gasificación de Galiza...[ler máis]

*Sección Sindical da CIG en Caixa Galiza: Banco Mundial vs. Caixa Galiza
Redacción 06 de xuño de 2007 O escándalo protagonizado polo Presidente Paul Wolfovich no Banco Mundial, despois de que ascendese a unha traballadora coa que mantiña unha relación sentimental, ten provocado a súa caída. Pola contra en Caixa Galiza a Consellería de Economía e o bipartito que goberna a Xunta de Galiza mira para outro lado. O mesmo sucede con outras administracións públicas presentes nos órganos de goberno da Entidade...[ler máis]

*A Mesa asesora ao pobo mapuche para conseguir a normalización e recuperación da súa lingua, o mapuzugun
Redacción 04 de xuño de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística está a asesorar ao pobo mapuche na recuperación da súa lingua, o mapuzugun, presente nos estados chileno e arxentino. Froito desta colaboración, Celeste Carilao, do partido mapuche Wallmapuwen, visitou a Galiza entre o pasado 31 de maio e o 3 de xuño, recollendo toda a información posíbel sobre o caso galego...[ler máis]

*O CTAG crea un sistema de iluminación, único no mundo, que facilita a condución nocturna e que complementa a visión humana
Redacción 04 de xuño de 2007 O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) traballa nun sistema completo de optimización da visibilidade para a condución en condicións de luz baixas ou desfavorables. O faro será o primeiro do mundo en integrar un sistema de visión adaptativa baseada en tecnoloxía LED e outro de visión nocturna con infravermellos. Os responsables do proxecto confían en que o resultado sexa atractivo para a industria tanto pola efectividade ao adaptarse ás condicións de luz como pola simplicidade mecánica e a liberdade no deseño...[ler máis]

*A Consellaría de Cultura mellorará a formación das forzas de seguridade para protexer o patrimonio cultural
Redacción 04 de xuño de 2007 Para mellorar a vixilancia dos nosos bens culturais, a Consellaría de Cultura e Deporte organiza cursos de formación especializada en patrimonio cultural para as forzas de seguridade, concretamente a policías, gardas civís e axentes forestais e urbanísticos. A conselleira, Ánxela Bugallo, abriu hoxe na Coruña estas formacións, que se celebrarán ao longo desta semana nas catro provincias...[ler máis]

*OCV deseñaun captador solar de alta eficiencia adaptado á climatoloxía galega co apoio de Innovación e Industria
· Comercializarase a partir do último trimestre do ano e está pensado tanto para usos domésticos como para un aproveitamento industrial
Redacción 04 de xuño de 2007 A empresa cambadesa OCV poñerá no mercado nos próximos meses o REISOL, un captador solar térmico de alta eficiencia enerxética, adaptado á climatoloxía de Galiza e ecolóxico na súa fabricación. A Feira Enernova de enerxías renovábeis, que se celebrará en Vigo a partir do próximo día 6 de xuño, será o primeiro escaparate para o captador de OCV, unha compañía de recente creación que xorde dentro de INELSA, empresa con ampla experiencia dentro do campo das enerxías, da enxeñaría e das instalacións...[ler máis]

*Cultura reúne a tres artistas galegas en Bruxelas no espectáculo 'Ida e volta'
Redacción 04 de xuño de 2007 A Consellaría de Cultura reunirá o vindeiro 6 de xuño en Bruxelas a tres artistas galegas Uxía, Guadi Galego e Verónica Codesal que estarán acompañadas polos músicos Didier Laloy ,Pascal Chardome,Cédric Waterschoot e Osvaldo Hernandez no espectáculo `Ida e Volta'...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Publicidade:


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com