ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Nova entre o 23/05/07 e o 31/05/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

Publicidade:

*Comeza a segunda edición de "Vai de Camiño", que achegará as actuacións de 181 artistas galegos a máis de 100 concellos nos meses de verán
Redacción 31 de maio de 2007 O programa Vai de Camiño 2007, organizado polo Xacobeo e a Consellaría de Innovación e Industria, da comezo mañá venres nas localidades de Vilagarcía de Arousa e Boqueixón. Berrogüeto estará acompañado en Vilagarcía por ruadas que amenizarán a vila dende as oito da tarde até as dez, cando comeza o concerto no Auditorio Municipal. Son de Leilía terá unha cita co seu público na Casa da Cultura de Camporrapado de Boqueixón, tamén na noite de mañá...[ler máis]

*O último número de Longalingua visita San Tomé e Príncipe e descubre o País Mapuche
· A revista sobre lingua e sociedade que edita A Mesa pola Normalización Lingüística analiza tamén a situación do galego no Eo-Navia
Redacción 31 de maio de 2007 Saíu á venda o número catro de Longalingua, revista mensual sobre lingua e sociedade editada pola Mesa pola Normalización Lingüística, que nesta ocasión traslada aos seus lectores a San Tomé e Príncipe, grazas a un artigo do xornalista e destacado intelectual santomense João Carlos na sección Além Minho, que cada mes se aproxima a un país da lusofonía...[ler máis]

*Vilagarcía e Ourense acollerán o segundo partido das seleccións galegas de baloncesto
Redacción 30 de maio de 2007 O segundo partido das seleccións galegas de baloncesto disputarase en menos dun mes. Onte, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, presentaron esta segunda aposta logo de que o ano pasado Galiza se enfrontase a Xapón, en Lugo na modalidade masculina, e en Vigo na feminina. Esta vez, as e os baloncestistas galegos mediranse a Bielorrusia...[ler máis]

*O BNG toma a iniciativa para desbloquear o plan xeral de Lugo e propón unha reunión a tres bandas co PSOE e o PP
· O voceiro municipal do BNG, Xosé Anxo Laxe, envía aos grupos do PSOE e do PP un documento con seis condicións para un Plan Xeral de consenso
Redacción 30 de maio de 2007 O BNG no Concello de Lugo tomou hoxe a iniciativa para tentar desbloquear o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente hai case ano e medio, o 26 de xaneiro de 2006, e que se atopa á espera de que sexan respostadas as 6.500 alegacións presentadas polos veciños e as distintas asociacións e colectivos de Lugo...[ler máis]

*O PP perde a maioría na Deputación de Lugo e mantén "in extremis" a de Pontevedra
Redacción 28 de maio de 2007 A xornada electoral de onte deixa ao PP fora do goberno da Deputación Provincial de Lugo e mantén "in extremis" a de Pontevedra. Os populares perden tamén a maioría na cidade de Ourense e socialistas fan o mesmo nas cidades de Lugo e A Coruña. O BNG seguirá gobernando en Pontevedra a pesar da perda de tres concelleiros. En Vilagarcía de Arousa forte caída do PSOE. En Vigo e Santiago de Compostela socialistas e nacionalistas superan ao PP...[ler máis]

*Quintana pede un "voto masivo" da mocidade galega ao BNG "para deixar atrás as políticas antigas que só trouxeron paro e emigración"
Redacción 23 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pediu onte á mocidade galega "un voto masivo o día 27 ao BNG para deixar atrás as políticas antigas que só trouxeron paro e emigración". Quintana fixo estas declaracións en Lugo durante o mitin central do candidato do BNG á alcaldía da cidade da muralla, Xosé Anxo Laxe. Pediu ademais, en alunisón a unha foto dos lideres do PP na estación do ferrocarril de Ourense, que o 27 lle mercasen un billete ao PP para "mandalos para casa"...[ler máis]

*Morre subitamente o Responsábel do BNG de Caldas de Reis
· O BNG de Caldas anuncia a suspnsión da campaña no municipio tras coñecer a noticia
Redacción 23 de maio de 2007 Onte pola mañá morria, por causa descoñecidas, Xesús González Aboi de 42 anos. Era o actual Responsábel do BNG en Caldas de Reis e tamén candidato nestas eleccións municipais...[ler máis]

*Henrique Tello: "o BNG gobernará a Coruña con sentido común"
Redacción 23 de maio de 2007 Tello criticou que a cidade "estivo dirixida durante 24 anos por unha equipa que priorizou as gominolas ao pan, que investiu 18 millóns de euros nun ascensor que leva a ningures, antes de arranxar os problemas dos seus cidadáns"...[ler máis]

*A Mesa lamenta a "falta de ética xornalística" da dirección de informativos da TVG
· A TVG non cubrirá a campaña da Mesa sobre o malgasto de diñeiro público no litixio do topónimo da Coruña "até que pasen as municipais"
· A Mesa asegura que "nunca foi silenciada de xeito tan basto nos informativos da TVG como o é agora"

Redacción 23 de maio de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística quere denunciar publicamente a situación de "silenciamento" das súas actividades nos informativos da TVG cando supoñen unha crítica ao Presidente da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño, ou a algún departamento vinculado ao partido que este dirixe...[ler máis]

*Orozco inaugura até obras privadas nesta campaña
Redacción 23 de maio de 2007 O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Xosé Anxo Laxe, acusou hoxe a Orozco de "poñerse o casco das pseudoinauguracións" e de "incumprir o código ético aprobado pola Xunta de Galiza" para a campaña electoral. O candidato nacionalista explicou que "o candidato Orozco inaugura incluso obras privadas", como hoxe ten previsto facer en San Fiz, onde "inaugura unha urbanización dun promotor privado"...[ler máis]

*Preocupación na Asociación de Clubs Galegos de Fútbol ante a continua presenza de Meana e Branco nos locais da federación pese a estar inhabilitados
· A Asociación presentará unha denuncia por este feito ante o Comité de Xustiza Deportiva da Xunta de Galiza
Redacción 23 de maio de 2007 Como é habitual a Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrou na tarde-noite de onte a reunión mensual na súa sé de Santiago de Compostela, na que estiveron presentes a práctica totalidade dos seus compoñentes, entre eles o actual Presidente, Plácido Díaz e o Vicepresidente e candidato á Presidencia da Federación Galega, Antonio Pérez González...[ler máis]

*A Consellaría de Cultura crea o I Certame Galego de Bandas de Música
· A Consellaría apoia a estes grupos con 250.000 euros
· Promoverase a renovación e galeguización do repertorio

Redacción 23 de maio de 2007 A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, reuníronse en San Caetano co presidente da Federación Galega de Bandas de Música Popular, Emilio Vázquez Guerra, para anunciar a creación do I Certame de Bandas de Música Populares e para apontoar o apoio do departamento a estes grupos cun investimento de 250.000 euros...[ler máis]

*Rapazas e rapaces de bacharelato participarán nas actividades de natureza e aventura da Dirección Xeral para o Deporte
· As actividades enmárcanse no programa Deporte na Escola
Redacción 23 de maio de 2007 Ao abeiro do programa Deporte na Escola, impulsado pola Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación, a Dirección Xeral para o Deporte convoca este ano un programa especial baseado en actividades de natureza e aventura, destinado aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de bacharelato con máis de seiscentas prazas...[ler máis]

*Innovación e Industria colaborará cos empresarios de hostalaría para a realización de distintas actuacións de promoción turística
Redacción 23 de maio de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria destinará 162.000 euros ao financiamento de diversas accións de promoción turística que se van desenvolver no marco dun convenio de colaboración que o departamento autonómico subscribirá coa Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galiza (CEHOSGA)...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Publicidade:


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com