|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Quintana destaca que o BNG está a conseguir que na campaña se fale "máis do que lle preocupa á xente e menos de aves e autovías" · O portavoz nacional do BNG afirma que os servizos sociais son tamén instrumentos en favor de igualdade e critica a herdanza recibida do goberno de Fraga Iribarne nesta materia Redacción 22 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, estivo esta mañá no Milladoiro, onde tivo un acto aberto ás preguntas do público sobre as propostas do BNG en política social. O líder nacionalista destacou que nesta campaña "temos conseguido que se fale un pouco menos de AVEs e autovías e algo máis do que preocupa á xente". Resaltou que "o que lles preocupa aos cidadáns é que haxa escolas infantís, vivenda protexida, residencias e servizos para os maiores"...[ler máis] *Non tanto glamour como o pintan · Unha outra visión da Gala dos Premiso Mestre Mateo 06 Redacción 22 de maio de 2007 O pasado mércores 9 de novembro celebrouse no recén inaugurado e recén privatizado Teatro Colón da Coruña a gala dos Premios Mestre Mateo do audivisual galego correspondentes ao pasado ano 2006. E aló foron quen subscriben por encarga de ArroutadaNoticias, sendo preciso dicir que non comezou a cousa con bon pé...[ler máis] *A Fundación Illa de San Simón bota a andar coa constitución do padroado e o nomeamento do xerente · O xeógrafo Francisco Xabier Méndez Martínez será o encargado de xestionar a fundación Redacción 21 de maio de 2007 A fundación que se encargará de xestionar a Illa de San Simón, no concello de Redondela, xa pode comezar a traballar. O xeógrafo Francisco Xabier Méndez dirixirá a xestión dun organismo creado para promover o valor cultural e patrimonial da illa. Hoxe tamén se constituíu o padroado da Fundación, presidido pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo...[ler máis] *GalizaBanner impartirá por primeira vez fóra dos EUA cursos de formación de Google Adwords · Trátase da única empresa galega que colabora con Google na celebración destes seminarios oficiais de publicidade online Redacción 21 de maio de 2007 A axencia de medios interactivos GalizaBanner foi a única empresa galega seleccionada por Google para impartir os seus cursos de formación sobre publicidade a través do servizo Adwords. O feito de ser unha Adwords Qualified Company (empresa cualificada para a implementación de campañas en Adwords) pesou significativamente na decisión...[ler máis] *The Sunday Drivers namoran en Arousa · Onte deu comezo a VI edición do Festrival do Norte en Vilagarcía de Arousa· Arroutada Noticias estivo ali Redacción 19 de maio de 2007 Despois de varios anos tentando atopar o rumbo o Festrival do Norte 2007 por fin deu cunha aposta ben definida no seu cartel inspirado principalmente por grupos do selo discográfico Mushroom Pillow que o público soubo valorar cunha das entradas máis importantes dende a creación do Festival. Ademais este ano todo comezou ben, a climatoloxía acompañou, o público era novo e animoso, e por si fora pouco; a música... excepcional...[ler máis] *Autoestradas do mar · Galiza revolucionará o transporte marítimo Redacción 19 de maio de 2007 Chega unha nova era para o transporte de mercadorías por mar. A importancia do tráfico marítimo é indiscutible, e a Unión Europea ten a intención de optimizar este tráfico para favorecer a economía común, mediante a investigación e o fomento de novas e máis específicas rutas marítimas...[ler máis] *A Consellaría de Cultura celebra o Día dos Museos con contacontos, concertos, obradoiros e exposicións · SANTIAGO, OURENSE, A CORUÑA, CASTRO DE REI, RIBADAVIA E BUEU ACOLLEN AS CELEBRACIÓNS Redacción 16 de maio de 2007 Os museos teñen un papel fundamental para a conservación e difusión do patrimonio cultural. Para impulsar esta función e o seu coñecemento na sociedade, desde 1977 celébrase o 18 de maio como Día Internacional de Museos. A Consellaría de Cultura organizará actividades para todos os públicos, en especial para os máis novos, nos museos que xestiona directamente...[ler máis] *ADEGA denuncia a presentación de novos proxectos encoros en zonas da Rede Natura · Minicentrais: un pesadelo que non cesa Redacción 16 de maio de 2007 A Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos (agora Lei 5/2006 para a Protección, a Conservación e a Mellora dos Ríos Galegos) aprobada no Parlamento de Galiza por unanimidade, significou un serio chamado da cidadanía galega aos políticos para mudar radicalmente a xestión dos nosos cursos de auga. Nesta norma, estabelécese a necesidade de priorizar a conservación deste patrimonio fluvial fronte ás ameazas e agresións causadas, nomeadamente polos encoros e minicentrais. A este respecto, estabelécese a necesidade de elaborar con urxencia unha nova planificación hidrolóxica conforme ás directrices da Directiva Marco da Auga (Directiva 2000/60/CE)...[ler máis] *O CEIDA abre a exposición "Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo Ibérico" Redacción 16 de maio de 2007 O Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA, acolle durante os meses de maio e xuño unha exposición monográfica sobre o lobo "Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo Ibérico", que está adicada a Félix Rodríguez de la Fuente...[ler máis] *A carpa Ruando chega mañá a Santiago de Compostela · Estará no patio interior do Centro Comercial Área Central, dende este xoves ás 11.30h até o sábado. Redacción 16 de maio de 2007Logo dunha gran acollida no seu paso por Monforte de Lemos e máis recentemente polo evento deportivo "Vilagarcía basket cup 2007", o proxecto Ruando, deporte para todos, estará instalado dende maña, xoves, as 11,30 horas, no patio interior do Centro Comercial "Area Central"...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
