|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Laxe pide a Orozco que suspenda as inauguracións en campaña · O candidato nacionalista na cidade de Lugo afirma que "hai unha actividade frenética estes días en moitas obriñas e rotondas de Lugo" porque Orozco "quere facer ver en 10 días o que non fixo en catro anos" Redacción 15 de maio de 2007 O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Xosé Anxo Laxe, preguntou hoxe ao candidato do PSOE se está dacordo con Touriño en canto a que, por sentido ético, se deben suspender as inauguracións, visitas a obras e anuncios de actuacións institucionais durante a campaña electoral. Laxe lembrou a Orozco que o Consello da Xunta acordou o venres pasado suspender todas as inauguracións durante a campaña, así como non utilizar os coches oficiais, como unha medida garante da limpeza ética e democrática no exercicio da política...[ler máis] *Entra en vigor unha lei que garante a atención oral en galego nas Administracións Públicas con sede en Galiza · A Mesa prepara unha grande campaña para dar a coñecer os aspectos lingüísticos do Estatuto Básico do Empregado Público Redacción 15 de maio de 2007 Esta semana entra en vigor a lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público que, grazas a unha emenda dos deputados do BNG aprobada no Congreso, recolle explicitamente o dereito cidadán a ser atendido en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística vai lanzar nos próximos días unha grande campaña para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía que, mercé a este Estatuto, ten opción de reclamar con todas as garantías legais a resposta oral en galego por parte da Administración...[ler máis] *Innovación e Industria convoca as axudas sectoriais para investigación aplicada por valor de 36,4 millóns de euros · O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 16 de xuño · As subvencións están destinadas a pequenas e grandes empresas, agrupacións de empresas, centros tecnolóxicos e equipos de investigación Redacción 15 de maio de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, vén de convocar no Diario Oficial de Galiza de hoxe as axudas deste ano para Programas Sectoriais (Investigación Aplicada, PEME I+D e I+D Suma), cun orzamento dispoñíbel de 36,4 millóns de euros, cofinanciados nalgunhas aplicacións con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e FCI (Fondo de Compensación Interteritorial)...[ler máis] *A Consellaría de Cultura creará unha Axencia para fortalecer as empresas culturais galegas · A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS SUBSTITUIRÁ E AMPLIARÁ O IGAEM Redacción 15 de maio de 2007 A cultura é un ben social que define e expresa a nosa identidade e á vez é un produto industrial: gran parte da nosa cultura é creada por empresas. Para consolidar ese tecido industrial e garantir que a cultura galega teña un lugar de seu no mundo, a Consellaría de Cultura creará a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)...[ler máis] *O CPXG rexeita o sistema de bloques aplicado á información electoral nos medios públicos Redacción 14 de maio de 2007 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) rexeita o sistema de bloques aplicado á información política nos medios públicos durante as campañas electorais. O CPXG ten atribuída por lei a representación de todas e todos os xornalistas galegos e a defensa do dereito á información dos cidadáns. Desde esa dobre obriga, consideran que establecer criterios de propaganda electoral no tratamento das noticias atenta contra os principios básicos do xornalismo e da información...[ler máis] *A Mesa reclama "máis espazos de uso e menos homenaxe fúnebre para o galego" na celebración da Semana das Letras · Pídenlle ao Presidente da Xunta "que a Secretaría Xeral de Política Lingüística comece a funcionar" Redacción 14 de maio de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística celebra esta Semana das Letras unha serie de actos, lúdicos e reivindicativos a un tempo, baixo o lema "Temos lingua propia. Queremos vivir nela". A organización en defensa da lingua afronta este 17 de Maio con retos específicos no ámbito do ensino, a Administración e os medios de comunicación, plasmados nun manifesto para o que está a procurar apoios a través da súa páxina web...[ler máis] *Innovación e Industria e as Universidades Galegas abordarán as "Estratexias Tic e da Sociedade da Información en Galiza" en conmemoración do Día de Internet Redacción 14 de maio de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, dentro da programación de +Internet+Galego+Futuro, organizada con motivo da tripla celebración o 17 de maio do Día de Internet, o Día das Telecomunicacións e o Día das Letras, desenvolverá mañá a xornada "Estratexias Tic e da Sociedade da Información en Galiza"...[ler máis] *Chega VI edición do Festival do Norte · Será o 18 e o 19 de maio en Vilagarcía de Arousa Redacción 14 de maio de 2007 Nesta VI edición o Festival do Norte conta con 16 grupos no seu cartel repartidos en tres escenarios, que estarán situados coma nos últimos anos no recinto feiral de FEXDEGA da capital arousá...[ler máis] *O vilagarcián David Souto, gañador do IV Premio de Poesía Fermín Bouza Brey · A súa obra, "A árbore seca", foi a elixida polo xurado entre as 15 presentadas Redacción 14 de maio de 2007 O vilagarcián David Souto Alcalde é o gañador da cuarta edición do premio de poesía Fermín Bouza Brey. David, que até o de agora non publicara ningunha obra, é estudiante de Filoloxía na universidade de Santiago de Compostela, cidade na que reside...[ler máis] *Quintana defende en Boiro que os concellos fagan “políticas de mocidade feitas dende e pensadas para a mocidade” Redacción 11 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e o alcalde nacionalista de Boiro, Xosé Deira, visitaron esta mañá o local municipal de ensaio desta vila do Barbanza, pertencente á Rede Galega de Locais de Ensaio...[ler máis] *Cultur.gal acollerá mañá os actos da festividade do Patrón das Artes Gráficas · A AEAGG volverá render unha homenaxe a cinco empresas asociadas cunha ampla experiencia no sector gráfico galego. A devandito acto acudirán representantes do Concello de Pontevedra, doutras asociacións galegas e preto dun centenar de empresarios gráficos Redacción 11 de maio de 2007 Como xa é tradicional, a Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galiza (AEAGG) organizou un completo programa de actos para conmemorar a festividade en honor a San Juan Ante Portam Latinam, Patrón das Artes Gráficas...[ler máis] *Nota de prensa da familia Couso Permuy sobre a III Edición do “Premio José Couso” Redacción 11 de maio de 2007 A III edición do “Premio José Couso”, outorgado ao xornalista estadounidense Jon Le Anderson polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e o Club de Prensa de Ferrol viuse salpicada polo que certos medios de comunicación deron en cualificar como “polémica”, e isto, ao noso xuízo, non se corresponde coa realidade, senón a un fatídico malentendido...[ler máis] *Anxo Quintana descata en Monforte que “o BNG está orgulloso da identidade de Galiza” e por iso aposta por rehabilitar o noso patrimonio histórico · O candidato do BNG á relección á alcaldía de Monforte asegura que “con catro anos máis de goberno nacionalista, e coa colaboración do Goberno galego, daremos un maior pulo a todo o realizado” Redacción 11 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, visitou onte Monforte de Lemos onde tras un percorrido en barca polo río Cabe, acampañado do alcalde nacionalista desta vila, Severino Rodríguez, explicou as propostas programáticas do BNG para a recuperación dos cascos históricos...[ler máis] *Pereiro de Aguiar acollerá o sábado 26 O III Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais Redacción 11 de maio de 2007 Onte presentouse na Dirección Xeral para o Deporte o III Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais, que se celebrará nas instalacións do Complexo Deportivo Monterrei, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar. Á rolda de prensa asistiron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, cuxo departamento colabora tamén na organización do evento; o presidente de Brinquedia, Lois Pardo, e o coordinador dos Encontros, Xabier López...[ler máis] *GalizaBanner ofrece un innovador servizo de optimización informativa en Internet · É a primeira empresa galega que desenvolve o concepto de SMO (Social Media Optimization) e lle outorga unha categoría profesional Redacción 11 de maio de 2007 A axencia de medios interactivos GalizaBanner amplía a súa capacidade para mellorar a imaxe de marca dos sus clientes en Internet. Un membro do seu equipo profesional vaise dedicar, por primeira vez en Galiza, ao novo concepto de SMO (Social Media Optimization)...[ler máis] *Os pasaportes electrónicos utilizan toponimia ilegal · A Mesa denuncia que a Dirección Xeral da Policía “vulnera conscientemente” a lexislación lingüística · Nin Presidencia nin Política Lingüística distribuíron listaxes cos topónimos correctos para toda a Administración do Estado Redacción 11 de maio de 2007 O sistema informático da Dirección Xeral de Policía mantén na súa base de datos os topónimos galegos con formas deturpadas, como “La Coruña”. As persoas que solicitan expresamente que nos seus pasaportes aparezan as formas legais e oficiais a todos os efectos reciben a resposta de que iso non é posíbel porque o sistema informático está centralizado en Madrid...[ler máis] *Un franco, 14 pesetas, triunfa nos premios Mestre Mateo 06 Redacción 11 de maio de 2007 Un ano máis, a Academia Galega do Audiovisual entregou os seus Premios Mestre Mateo, correspondentes ao ano 2006, na gala celebrada o mercores no Teatro Colón da Coruña. Entre as principais candidatas aos galardóns salientaban producións televisivas como A casa de 1906 ou A vida por diante, e cinematográficas como De Profundis, De bares ou Un franco, 14 pesetas, que contaba co maior número de nominacións, catorce...[máis en Cinema] *O Parlamento insta a que os representantes municipais fagan uso do galego no exercicio do seu cargo · A Mesa agarda que todos os candidatos e todas as candidatas mostren publicamente a súa disposición a cumprir o acordo parlamentar Redacción 11 de maio de 2007 O Parlamento galego aprobou este mércores por unanimidade unha serie de medidas para a galeguización da Administración local presentadas polo BNG para dar cumprimento ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ámbito municipal. Este debate foi auspiciado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que nas últimas semanas se entrevistou con representantes dos grupos parlamentares do BNG, o PSOE e o PP...[ler máis] *O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves a unha demanda pola proxección do filme Terra Negra · O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña Redacción 09 de maio de 2007 O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves 10 de maio a unha demanda interposta pola produtora Cámara Oscura Películas SL. Esta empresa privada reclama ao Cineclube o pago de 250 euros en virtude de supostos "dereitos de exhibición" pola proxección do filme Terra Negra o 21 de Febreiro de 2006. O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña...[máis en Cinema] *O Voluntariado de Activación Lingüística achega aos novos amesáns á lingua e a cultura galegas · O Concello de Ames súmase á iniciativa, coordinada pola Mesa, que permite aprender galego no tempo de lecer Redacción 09 de maio de 2007 O Voluntariado de Activación Lingüística, iniciativa coordenada pola Mesa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, está xa a dar os seus primeiros pasos no Concello de Ames, despois duns meses en que estivo funcionando de xeito experimental no Concello de Santiago...[ler máis] *O BNG ve no récord de audiencia de "Hai debate!" a confirmación de que "a sociedade quere ver os líderes políticos galegos contrastar os seus proxectos nos medios públicos" Redacción 08 de maio de 2007 A emisión do programa "Hai debate!", no que participou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana para debater sobre as próximas eleccións municipais obtivo un "share" do 15%, que implica 107.000 espectadores de audiencia media. O coordenador de campaña dos nacionalistas, Francisco Jorquera, valora moi positivamente este dato e felicita á TVG "por ter promovido este debate e por ter apostado pola transparencia"...[ler máis] *Blusens BQR preséntase en sociedade este sábado Compostela Redacción 08 de maio de 2007 O equipo Blusens BQR -que participa como Blusens Aprilia, nas categorías de 125 e 250 cc., no Campionato do Mundo de Motociclismo- realizará a súa presentación oficial en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 12 de maio na Praza do Obradoiro, ás 18:30 da tarde. A este evento, no que participaron Turgalicia, a Dirección Xeral de Turismo e o Concello de Santiago, asistirán diversas personalidades do mundo da cultura e a política local e autonómica...[ler máis] *O Parlamento debate mañá a normalización lingüística da Administración local · A iniciativa parte da Mesa, que se reuniu cos tres grupos parlamentares e que tamén está a celebrar unha rolda de reunións cos candidatos á alcaldía nas cidades e principais vilas Redacción 08 de maio de 2007 O Parlamento galego debate mañá, a partir das once e media da mañá, unha proposición non de lei do BNG "sobre a adopción de medidas para a normalización lingüística na administración local". Esta iniciativa xurde despois de que dirixentes da Mesa pola Normalización Lingüística se reunisen con representantes dos tres grupos parlamentares, BNG, PSOE e PP, para demandarlles a actualización da Lei de uso do galego na administración local...[ler máis] *Ánxela Bugallo presenta o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrará en Ferrol no mes de xullo · A festa marítima bianual do patrimonio galego marítimo e fluvial chega entre o 5 e o 8 de xullo a Ferrol. Onte presentábase na Dirección Xeral para o Deporte Redacción 08 de maio de 2007 O proxecto NaBeira08, posto en marcha pola Consellaría de Cultura e Deporte e a Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), dará abrigo este ano á celebración do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza, que se celebrará en Ferrol entre os días 5 e 8 de xullo...[ler máis] *O Mércores 9 de Maio celébrase no Colón Caixa Galiza a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06 · Manquiña e Morris, os presentadores. Entre o cadro artístico, Luís Tosar, Farruco, Xosé Ramón Gayoso, Paula Carballeira e Iolanda Muíños. A Banda The Ellas, dá a nota Redacción 07 de maio de 2007 O Colón Caixa Galiza d'A Coruña acolle o mércores día 9 ás 21:30 hs a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG. Os seus presentadores, Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, as persoas encargadas de entregar os distintos premios, e diversas famosas e famosos no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo desta nova edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras...[ler máis] Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
