ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Nova do 03/05/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

Publicidade:

*O CEIDA acolle unha reunión de portas abertas do Movemento Forestal Europeo
· Analizanse as oportunidades e os desafíos do futuro dos bosques
· Os activistas sinalan a importancia da participación social para recuperar os montes

Redacción 03 de maio de 2007 Máis de cincuenta integrantes do Movemento Forestal Europeo (FME) reunense desde esta mañá e durante durante cinco días na sede do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros. Na primeira das actividades, unha xornada de reflexión e debate sobre O futuro dos bosques. Oportunidades e desafíos, os integrantes do Movemento Forestal Europeo (FME) sinalan a importancia da participación de todos os axentes sociais para a recuperación dos montes...[ler máis]

*A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña "Temos lingua propia, queremos vivir nela" de cara ao 17 de maio
· A asociación insta ao presidente da Xunta a que aproveite o Día das Letras "para que comece a funcionar a Secretaría Xeral de Política Lingüística"
· Carlos Callón: "O movemento demóstrase andando, non con declaracións de amor retóricas"

Redacción 03 de maio de 2007 "Temos lingua propia, queremos vivir nela" será o lema dos diferentes actos que A Mesa pola Normalización Lingüística desenvolverá por todo o país con motivo da celebración do Día das Letras. O presidente da asociación en defensa da lingua, Carlos Callón, e Francisco Xosé Rei, membro da directiva e responsábel de Zonas, presentaron onte en conferencia de imprensa o manifesto elaborado para a conmemoración do 17 de maio, que a cidadanía pode apoiar na páxina web da Mesa e que está centrado en tres ámbitos de uso da lingua: o ensino, os medios de comunicación e a administración...[ler máis]

*Santiago Domínguez deixa a Dirección Xeral para o deporte "moi satisfeito polo traballo honesto, sincero e honrado realizado ao longo de vinte meses"
· O director xeral para o Deporte ofreceu unha rolda de prensa na que fixo balance da súa etapa como director xeral para o Deporte, que rematará hoxe

Redacción 03 de maio de 2007 Nun encontro con xornalistas, onte en Santiago de Compostela, Santiago Domínguez fixo balance destes 20 meses en termos de debe e haber. Non obstante, o director xeral declarou marchar "moi satisfeito polo traballo honesto, sincero e honrado e coa conciencia tranquila" polos obxectivos acadados...[ler máis]

*ADENCO celebrou o Día da Árbore descubrindo as árbores do Xardín do Concello de Ponteareas
· Realizouse unha visita guiada para coñecer as especies que medran no Xardín

Redacción 03 de maio de 2007 O pasado sábado 28 de Abril, o Grupo Ecoloxista Adenco celebrou a 18ª edición do Día da Árbore. Así, de xeito ininterrumpido, os ecoloxistas levan celebrando esta actividade dende 1990...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Publicidade:


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com