|
|
|||
|
Publicidade Contacto |
*Candidatas e candidatos do BNG compoñen unha estrela para simbolizar 10 ideas de impacto para as municipais· Quintana subliña que todos os “candidatos e candidatas do BNG teñen as mans limpas” e define o estilo do BNG como “unha proposta de transparencia cara á cidadanía, solidariedade e sensatez” Redacción 30 de abril de 2007 As candidatas e candidatos do BNG aos 315 concellos de Galiza realizaron esta mañá en Ourense unha presentación simbólica das 10 propostas estrela da formación nacionalista para todos os concellos galegos...[ler máis] *O BNG demanda que se depuren responsabilidades sobre o accidente de Valga e Jorquera interpelará no Pleno do Senado á Ministra de Fomento Redacción 27 de abril de 2007 O Bloque Nacionalista Galego vai demandar do Goberno central que esclareza as circunstancias e depure as responsabilidades ás que houber lugar polo accidente ferroviario de Valga. En concreto, o coordinador executivo e senador do BNG, Francisco Jorquera, interpelará no próximo Pleno da Cámara Alta á ministra de Fomento a respecto das circunstancias en que se produciu un sinistro que infelizmente se saldou coa morte de tres persoas...[ler máis] *Ánxela Bugallo presenta o proxecto Nabeira 08, que pretende dar a coñecer á sociedade o patrimonio marítimo e fluvial galego · No presente ano realizarase unha exposición itinerante polas costas galegas, que incluirán ademais obradoiros, talleres e actividades no mar · A primeira itinerancia terá lugar en Vigo (Bouzas) o próximo día 6 de maio e finalizará no mes de xullo en Ferrol Redacción 27 de abril de 2007 O proxecto Nabeira08 nace cos obxectivos de difundir a laboura de recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial galego, de dinamizar o sector das embarcacións tradicionais como espazo de lecer e de práctica deportiva e de darlle un recoñecemento social como elemento de identidade e de desenvolvemento económico e social...[ler máis] *Novo disco de GalegoZ: Revolution Dance · O proxecto GalegoZ nace a finais do 2005 como un experimento de membros do Colectivo Perverso Redacción 27 de abril de 2007 Tras inaugurar con Galician Chimpanzee (Ouvirmos, 2006) a nova etiqueta Aranhoto GalegoZ Style, GalegoZ grava en 2007, de novo con Ouvirmos, o seu segundo elepé: Revolution Dance. Este novo disco benefíciase de contar coa presenza dunha banda xa ben engraxada e curtida, tras un ano tocando xuntos por festivais de todo o país, e recolle un son máis compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias...[ler máis] *Perto de 40.000 rapazas e rapaces participarán na edición 2007 do Correlingua · As carreiras pola lingua comezarán o día 2 de maio en Fene e rematarán en Pontevedra o 16, percorrendo 10 comarcas galegas baixo o lema Galegando Redacción 25 de abril de 2007 Presentouse en Santiago a edición 2007 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000, consistente en 10 carreiras que se celebran en 10 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de perto de 40.000 rapaces e rapazas procedentes da maioría de centros educativos de todo o País...[ler máis] *Jorquera anuncia que Galeuscat iniciou hoxe unha liña de traballo en común co PSOE para reformar na Lei Eleitoral o sistema de voto emigrante · Na xunta mantida en Ferraz, os representantes de BNG, CIU e PNV abordaron con José Blanco a reforma do Senado, as eleicións e a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial · Galeuscat estenderá estas reunións a outras forzas políticas como o PP e IU, e voltará a verse co PSOE en outono Redacción 24 de abril de 2007 O senador e coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, anunciou este mediodía que Galeuscat iniciou hoxe unha liña de traballo en común co PSOE, o que "agarda estender a outras forzas políticas como o PP e IU", para reformar a Lei Eleitoral no que atinxe ao procedemento de voto dos emigrantes...[ler máis] *O presidente da RTVE dille ao BNG que baralla a idea de abrir o programa "Teño unha pergunta para vosté" a outras forzas políticas, pero non na emisión estatal *Expertos e traballadores buscan un novo modelo de pesca de baixura e marisqueo · Cincuenta persoas participan nas xornadas organizadas polo CEIDA Redacción 24 de abril de 2007 Máis de cincuenta representantes do sector da pesca de baixura e de marisqueo participan na xornada Buscando solucións: Evolución da cultura mariñeira que se celebra hoxe en Vigo...[máis en Marítima] *Caixanova xa dá opción de galego na súa páxina web · A entidade de aforro cumpre os compromisos aos que chegara coa Mesa pola Normalización Lingüística, como xa fixera Caixa Galicia · A Mesa anima todas as empresas galegas a que "sigan o proceso de galeguización de Caixa Galiza e Caixanova" Redacción 24 de abril de 2007 Caixanova ofrece xa versión en galego na súa páxina web (www.caixanova.es), tal e como se comprometera coa Mesa pola Normalización Lingüística. O presidente desta organización cidadá, Carlos Callón, indica que nese colectivo se senten "moi satisfeitos polo conseguido, malia sermos conscientes de que aínda fica moito camiño por percorrer até conseguirmos unha mínima normalidade da nosa lingua no conxunto do sector bancario e de aforro na Galiza". Callón fai un chamamento "a que todas as empresas galegas coñezan e sigan o proceso de introdución do galego por parte de Caixanova e Caixa Galiza"...[ler máis] *O actor Luis Tosar concorre na lista do BNG do Concello de Castro de Rei nas municipais de maio · Ocupa o posto 12 da candidatura que encabeza o xove empresario Xurxo Balado · Tosar pasou a súa nenez en Castro, onde a súa familia rexentaba un bar Redacción 24 de abril de 2007 O actor Luis Tosar concorre ás vindeiras eleccións municipais do 27 de maio na lista do BNG do concello lugués de Castro de Rei. O coñecido actor galego, que participou en películas como Los Lunes al Sol (de Fernando León), O Lapis do Carpinteiro (baseada nunha novela de Manuel Rivas), Trece Badaladas (de Xavier Villaverde), Sin Noticias de Dios (de Agustín Díaz), Te doy mis Ojos (de Iziar Bollaín), ou máis recentemente Miami Vice (de Michael Mann), ocupa o posto número 12 da candidatura á alcaldía que encabeza o xove empresario Xurxo Balado...[ler máis] *URBASER desenténdese das súas responsabilidades como xestor de residuos tóxicos e perigosos en Lugo Redacción 24 de abril de 2007 A raíz dunha queixa que un veciño de Lugo fixo chegar a ADEGA sobre a indiferenza e despotismo co que URBASER o tratou cando quixo deixar un bote de mercurio de 125 centílitros no punto limpo da cidade, ADEGA exixelle ás administracións públicas que fagan cumprir coas súas obrigas de recollida de residuos tóxicos e perigosos á empresa que xestiona o lixo urbano na capital lucense...[ler máis] *Practicamente eliminados · O Depor cae en casa ante o Sevilla por 0-3 Redacción 20 de abril de 2007 Nefasto resultado para o Depor onte no estadio de Riazor onde a un Sevilla a medio gas chegáronlle 15 minutos para resolver a eliminatoria. Neste tempo marcou dous goles aproveitando a incerteza da zaga galega...[ler máis] *Política Lingüística substitúe as medidas polas enquisas · A Mesa reclámalle á SXPL prazos concretos para a plena aplicación na Xunta do Plan Xeral de Normalización Lingüística para que as sondaxes non se convirtan en "autopsias" Redacción 19 de abril de 2007 O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, observa "con abraio" que as primeiras iniciativas impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística nos grupos de traballo da Comisión Interdepartamental para a Normalización Lingüística da Xunta de Galiza, que foron presentados esta mañá, serán dúas enquisas sobre o nivel de uso do galego por parte dos diferentes departamentos...[ler máis] *O Deportivo xógase hoxe o pase á final da Copa contra o Sevilla · As derradeiras 2.000 entradas están á venda dende ás 10:30 Redacción 19 de abril de 2007 O Deportivo d'A Coruña xógase ante o Sevilla o pase á final da Copa. Será esta noite nun Riazor que se fará pequeno, pois o club coruñés anunciou que as derradeiras 2.000 entradas están xa a venda dende esta mañá nas taquillas do Palacio dos Deportes de Riazor...[ler máis] *O Petrel I detén a 7 narcos preto de Cabo Verde · Galiza protagonista nunha operación internacional antidroga Océano Atlántico 18 de abril de 2007 O buque de operacións especiais, con base en Galiza, o Petrel I, do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galiza (SVA), foi o protagonista nunha importante operación internacional antidroga. O buque Alexandra, de 30 metros de eslora e bandeira venezolana, sospeitoso de participar no transporte de drogas de Sudamérica a augas próximas a Galiza, foi localizado en augas internacionais polo buque Petrel I o sur das illas de Cabo Verde, procedendo a abordalo, por sorpresa, onte ás 00:00 h...[máis en Marítima] *As traballadoras e traballadores de normalización da lingua pídenlles aos partidos políticos a creación de servizos de normalización lingüística municipais · Ante as próximas eleccións locais do 27 de maio, a CTNL insta a todos os partidos políticos a que inclúan nos seus programas a creación de departamentos técnicos estábeis para a normalización lingüística con capacidade de intervención social Redacción 17 de abril de 2007 A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) dirixiuse aos/ás líderes de todos os partidos políticos galegos para pedirlles que inclúan nos seus programas para as vindeiras eleccións municipais a creación -ou potenciación e consolidación, de ser o caso- de servizos de normalización lingüística (SNL) estábeis e con capacidade de intervención social. Nos próximos días, a CTNL tamén lles fará a mesma proposta a todas as candidatas e candidatos das sete cidades galegas...[ler máis] *Cultur.gal avanza a súa axenda de actividades a un mes da celebración da feira · A feira do libro e da industria cultural de Galiza celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 10 e o 13 de maio Redacción 17 de abril de 2007 O director de Cultur.gal, Roberto Pérez Pardo, presentou o pasado venres, en rolda de prensa celebrada no Concello de Pontevedra, as actividades programadas para o evento. Pérez Pardo, que avanzou que "o 80% dos 4.000 m2 da área expositiva está xa reservado", estivo acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pola Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, pola Secretaria provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Olga Lema, e por Guillermo Brea, director da Obra Social de Caixanova...[ler máis] *O BNG xa ten proclamados 302 candidatas e candidatos ás alcaldías para as municipais, cunha renovación de máis do 50 por cento nos carteis eleitorais · "Vai haber máis candidaturas nacionalistas e máis alcaldes e alcaldesas nacionalistas que nunca", vaticina Francisco Jorquera · O máximo órgao da fronte aproba por unanimidade un novo tramo das listaxes eleitorais Redacción 16 de abril de 2007 O Consello Nacional avanzou o pasado venres no proceso de confección das candidaturas do BNG para as Municipais 07. O máximo órgao frentista entre asembleas aprobou, e por unanimidade, outros 97 cabezas de lista para os comicios do 27-M, co cal a formación nacionalista xa leva proclamado un total de 302 candidatas e candidatos ás alcaldías doutros tantos concellos galegos...[ler máis] *As candidatas e candidatos do BNG para as vindeiras eleccións municipais están presentes na rede a través de 36 weblogs *O BNG acusa a Orozco de impedir o desenvolvemento industrial de Lugo e propiciar a marcha de empresas · Xosé Anxo Laxe relata o caso de sete empresas que se marcharon de Lugo nos últimos meses por non dispoñer de solo industrial · O BNG esixe a Orozco que poña "de inmediato" a disposición da Consellería de Vivenda e Solo os terreos das Gándaras para que poidan comezar as obras do novo polígono industrial Redacción 12 de abril de 2007 O voceiro municipal do BNG en Lugo e candidato á alcaldía, Xosé Anxo Laxe, acusou hoxe ao alcalde, José Clemente López Orozco, de "impedir o desenvolvemento industrial de Lugo e estar propiciando a marcha de empresas ao non poñer a disposición da Consellería de Vivenda e Solo os terreos das Gándaras para que se poida iniciar o polígono industrial", un dos maiores previstos en todo o país con 2,2 millóns de metros cadrados, e que está paralizado por culpa do Concello de Lugo...[ler máis] *As vellas glorias do Celta e o Deportivo enfrontaranse o sábado 14 de abril n'O Porriño · O derbi galego entre veteranos contará ademais co aliciente de ver en acción aos máis novos e novas no torneo de base, que comezará o venres · Todos estes actos formarán o programa de actos do derbi oficial, que se celebrará o domingo en Balaídos Redacción 12 de abril de 2007 O derbi galego entre Celta e Deportivo d'A Coruña, que se celebrará este domingo en Balaídos, contará cun programa de actos cheo de espectáculo, coa participación das máis novas e novos e dos veteranos...[ler máis] *A Mesa felicita os grupos parlamentares por aprobar que os convenios colectivos recoñezan os dereitos lingüísticos · A organización, quen xa reclamara esta medida, recorda que aínda hoxe existe discriminación laboral por razóns de lingua Redacción 12 de abril de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns aos grupos parlamentares pola aprobación onte da iniciativa impulsada polo Bloque Nacionalista Galego que insta a Xunta a que se dirixa ás organizacións sindicais, comités de empresa, asociacións patronais e Consello Galego de Relacións Laborais para introducir os dereitos lingüísticos como "cláusula de oficio" en todos os convenios colectivos, tal e como estabelece o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega...[ler máis] *Este venres darase a coñecer o nome da gañadora ou gañador da III edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa Redacción 12 de abril de 2007 O fallo da III edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galiza, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova, faráse público mañá venres 13 nunha rolda de prensa na sala Sargadelos de Ferrol...[ler máis] *O responsábel de Política Municipal do BNG afirma que "o caso do Alcalde de Salceda é só a punta do iceberg do que ocorre con moitos cargos do PP" · Roberto Mera contrasta isto coa "ética incontestábel" dos electos nacionalistas Redacción 11 de abril de 2007 O Secretario de Política Municipal do BNG, Roberto Mera, advertiu de que "o caso do alcalde de Salceda e algúns outros coñecidos nos últimos meses son só a punta do iceberg do que acontece cos cargos do Partido Popular". Mera lembrou que "só no Condado e Baixo Miño hai alomenos tres alcaldes que participan directamente ou a través de testaferros en negocios urbanísticos e inmobiliarios nas localidades destas comarcas: o alcalde de Arbo, o de Salceda e o de Tui, con negocios nas súas localidades e noutras como Ponteareas"...[ler máis] *Cúmprese un ano dende a presentación das alegacións ao Plan Xeral de Lugo sen que estas foran aínda respostadas · En todo este tempo o Goberno non chamou aos grupos da oposición para tratar de consensuar o documento en base ás alegacións presentadas Redacción 11 de abril de 2007 O voceiro do BNG no Concello de Lugo e candidato á alcaldía, Xosé Anxo Laxe, revelou hoxe, "no primeiro cabodado da presentación das alegacións ao PXOM", que o equipo redactor do Plan Xeral ten xa a práctica totalidade das alegacións revisadas, segundo lle confirmaron as propias redactoras hai un mes nunha xuntanza cos grupos políticos, polo que o BNG esixe ao Goberno local que envíe as respostas aos cidadáns antes das eleccións para que os veciños saian da situación de incertidume na que se atopan dende hai un ano...[ler máis] *A Mesa proponlle á Xunta un acordo con fabricantes e operadoras para introducir o galego na telefonía móbil · A Mesa "dá por perdida" a vía da Secretaría Xeral de Política Lingüística e reclámalle a Innovación e Industria que lidere as negociacións · Se a Xunta o xestiona, todas as operadoras e o 90% dos terminais telefónicos terán opción de galego Redacción 09 de abril de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Xunta de Galiza a que consiga coas empresas de telefonía móbil un acordo para a normalización do galego tanto na atención ao cliente como nos propios terminais semellante ao asinado hai poucas semanas pola Generalitat de Catalunya. Nese acordo entraron os principais fabricantes (Nokia, Motorola, Grundig, Alcatel e Sony-Ericsson), así como a totalidade dos operadores (Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo)...[ler máis] *Carta aos partidos do Congreso dos Deputados sobre as demandas d´O Bierzo Redacción 09 de abril de 2007 A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo remesa aos partidos políticos representados no Congreso dos Deputados (PSOE, PP, IU, CIU, PNV, BNG, ERC, Chunta Aragonesista e demais) este Informe con demandas d´O Bierzo, relacionadas coa reforma do Estatuto de Autonomía da Comunidade de Castela e León. Estas peticiois xa as enviamos no ano 2006 ás Cortes de Castela e León, durante a tramitación do proxecto de modificación do Estatuto de Autonomía, pero non foron incluídas no seu articulado. Agora contactamos cos partidos políticos do Congreso para que teñan conta das nosas demandas bercianas na dita reforma estatutaria no Parlamento español...[ler máis] *Parabéns da Mesa ao Celta por unha nova "vitoria": o club dá novos pasos no uso do galego · A asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua Redacción 09 de abril de 2007 A pesar de que os resultados na liga non acompañan A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns ao Celta por unha nova vitoria, que neste caso non se conseguiu nos campos de fútbol. Os novos pasos que o club deu no uso do galego son o motivo da felicitación: a publicidade da sociedade deportiva xa está na nosa lingua, ao igual que o 75 por cento dos contidos do boletín Real Club Celta- A Cor de Galicia, que se distribúe masivamente en papel e que tamén se pode descargar en formato PDF na web do club...[ler máis] *Iria Aboi, nova secretaria xeral de Galiza Nova · Por primeira vez na súa historia unha muller ocupa a secretaría xeral da organización das mocidades do BNG Redacción 02 de abril de 2007 Iria Aboi foi elixida nova secretaria xeral de Galiza Nova logo da celebración, esta fin de semana, da súa X Asemblea Nacional. A candidatura encabezada por Iria Aboi á secretaría xeral obtivo 177 votos, por 111 dos acadados polo candidato da outra lista, Macías López...[ler máis]
Voltar á Portada Ver anteriores |
|
|
