ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 17/03/07 e o 29/03/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Remata o prazo de votacións para a III edición Premio do José Couso Liberdade de Prensa
· O gañador darase a coñecer durante unha rolda de prensa no mes de abril
Redacción 29 de marzo de 2007 Onte rematou o prazo de votacións para a elección do gañador da III Edición do Premio José Couso, unha iniciativa do Colexio de Xornalistas de Galiza (CPXG), o Clube de Prensa de Ferrol e Caixanova. O prazo para a emisión de votos por internet, pechouse onte ás doce desta noite para os colexiados do CPXG...[ler máis]

*O queixo Tetilla Larsa premiado en Londres como un dos mellores queixos do mundo
Logo Wold Cheese AwardsRedacción 29 de marzo de 2007 O Tetilla DO de Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. baixo a súa marca Galega Larsa, foi galardoado no certame mundial 'World Cheese Awards', que se celebra cada ano en Londres e ao que concurriron 2.500 queixos procedentes de todo o mundo...[ler máis]

*Completada a tradución do Gmail ao galego
Redacción 27 de marzo de 2007 Despois de que onte alertáramos do retraso na tradución do Gmail (o servizo de correo electrónico de Google) as e os internautas galegos puxéronse a traballar e remataron coa tradución. Agora só falta revisar os erros e que Google lle de o visto e prace á tradución...[ler máis]

*A Vilagarcía Basket Cup preséntase cun novo reto co cambio de recinto e o Torneo de Base "Fundacion Deporte Galego"
Redacción 26 de marzo de 2007 O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, asistiu hoxe á presentación da Vilagarcía Basket Cup, que este ano conta co aliciente de que o torneo internacional sub 20 celebrarase no recinto feiral de Fexdega, para así poder acoller a máis xente nas súas bancadas...[ler máis]
*Cultura e deporte comprométese co deporte universitario

*A Coordinadora Galega Pola Paz chama a concentrarse este martes para pedir o remate da guerra de Iraq
Redacción 26 de marzo de 2007 O vindeiro martes día 27 ás 12:00 horas, na Praza da Concordia (San Lázaro, rotonda diante do pazo de Congresos, en Santiago de Compostela) a Coordinadora Galega Pola Paz convoca unha concentración co obxecto de reclamar o remate da guerra de Iraq, o peche de Guantánamo, así como para realizar unha ofrenda floral de homenaxe a tóda as vítimas da guerra...[ler máis]

*Ano e medio despois do anuncio da tradución do Gmail ao galego aínda non está dispoñíbel
· Español e catalán xa están dispoñíbeis no menú do Gamil
Redacción 26 de marzo de 2007 Gmail é o servizo de correo electrónico de Google e como todos os produtos do buscador máis popular da rede son traducidos a base de voluntarios. O Gmail leva funcionando dende o 2004 e está dispoñíbel en 42 idiomas diferentes até o momento -español e catalán entre eles-. Ano e medio despois de anunciarse a saída da tradución ao noso idioma aínda non está dispoñíbel...[ler máis]

*Xornada de software libre para empresas en Betanzos
Redacción 26 de marzo de 2007 O vindeiro martes 27 terá lugar no Concello de Betanzos un obradoiro dirixido ás empresas de Betanzos sobre o software libre e as súas vantaxes. O obradoiro está aberto a todas aquelas persoas que teñan interese en coñecer ferramentas informáticas de libres que axuden a desenvolver os labores diarios das empresas galegas abaratando ou eliminando os gastos en programas informáticos...[ler máis]

*Medios de comunicación, administración local e ensino centrarán a campaña da Mesa para o Día das Letras
· Na Asemblea Xeral da asociación criticouse a falta de incidencia real da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Redacción 26 de marzo de 2007 A Asemblea Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, que se celebrou o sábado na Galería Sargadelos de Compostela, acordou centrar nos eidos do ensino, a administración local e os medios de comunicación os actos previstos para a celebración do 17 de maio, que se desenvolverán en distintas comarcas da Galiza...[ler máis]

*Case 6.000 persoas desfrutaron da música de Fito&Fitipaldis onte en Lugo
Redacción 25 de marzo de 2007 Onte actuaba Fito Cabrales e a súa banda os Fitipaldis en Lugo. Era un dos dous concertos da súa xira Por la boca vive el pez en Galiza, o venres foi en Ourense. Logo de arrasar o pasado novembro en Vigo e A Coruña, agroa tocáballe o turno a Ourense e Lugo. E Así foi, onte o Pazo Provincial dos Deportes de Lugo facíase pequeno. Case 6.000 persoas acompañaron a Fito durante case dúas horas...[ler máis]

*Presentación de “ABRÍGATE” na Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida
· A película rodada en Betanzos o pasado verán competirá na sección oficial a concurso
Redacción 23 de marzo de 2007 O vindeiro domingo 25 de marzo terá lugar no marco da XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida a preestrea de “ABRÍGATE”, a primeira película para a grande pantalla do director galego Ramón Costafreda (recoñecido realizador de publicidade e director da tv movie “Máis ca irmáns”) e protagonizada por Félix Gómez, Manuela Pal e María Bouzas, na que tamén intervén un amplo elenco de actores galegos como Celso Bugallo, Pablo Tamayo, Cristina Ramallal, Luis Zahera, Pepo Suevos, etc...[máis en Cinema]

*Festa de sexto aniversario, o sábado no Cineclube
· Contará coas actuacións de Leo i Arremecághona!!! e Ataque Escampe e a proxección de Stop Making Sense
Redacción 23 de marzo de 2007 O Cineclube de Compostela muda de día e actividade para celebrar este sábado 24 de marzo o seu sexto aniversario cunha festa con proxección e concertos. Será, como o resto das súas actividades, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21), e dará comezo ás 21:30 da noite coa proxección de Stop Making Sense (Jonathan Demme, EUA, 1985). Ás 23:00 comezarán os concertos de Ataque Escampe e O Leo i Arremecaghona!!!. Desta, a música será a protagonista no Cineclube...[máis en Cinema]

*A Dirección Xeral para o Deporte propón a suspensión cautelar aos cinco membros da Federación Galega de Fútbol implicados no expediente aberto polo Comité Galego de Xustiza Deportiva
· O presidente, o secretario, o vicesecretario, o tesoureiro da Federación e o presidente do Comité Galego de Adestradores dispoñen de tres días de prazo para a presentación das súas alegacións
Redacción 20 de marzo de 2007 Esta mesma mañá a Dirección Xeral para o Deporte comunicou por burofax a súa proposta de suspender cautelarmente dos seus cargos a Julio Meana (presidente), Ramón de Llano (secretario), Benjamín Amido (vicesecretario), Luis Caridad (tesoureiro da Federación Galega de Fútbol) e a Fernando Blanco Padre, presidente do Comité Galego de Adestradores, á vista da resolución ditada polo Comité Galego de Xustiza Deportiva, que acredita indicios de infraccións moi graves...[ler máis]

*Os clubs galegos de balonmán de División de Honra B promoverán o deporte de base nos centros escolares
· Santiago Domínguez Olveira e os representes de Teucro, OAR, Frigoríficos do Morrazo e Academia Octavio asinaron o convenio de colaboración
· Na última xornada de Liga, os clubs organizarán unha competición entre as categorías inferiores coincidindo coa celebración de dous derbis

Redacción 19 de marzo de 2007 Os catro clubs galegos de balonmán que militan na presente tempada na División de Honra B (Teucro de Pontevedra, Oar da Coruña, Octavio de Vigo e Balonmán Cangas) promoverán o deporte de base nos colexios galegos e organizarán actividades para nenos e nenas, a través do convenio asinado hoxe coa Fundación Deporte Galego...[ler máis]

*Vilagarcía transmite unha imaxe tolerante, aberta e sen complexos grazas ao seu salón erótico
· O novo horario de SEDA atraeu ao recinto máis de 14.000 visitantes
· Na vindeira edición darase maior protagonismo ao público na organización do certame

Redacción 19 de marzo de 2007 Ambiente relaxado, amigábel e curioso, e ausencia total de incidentes foron algunhas das notas dominantes da segunda edición do Salón Erótico do Atlántico, SEDA, clausurado a pasada media noite no recinto de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa...[ler máis]

*“A calquera persoa que resida nalgunha das cidades galegas lle gustaría que esta fose como Pontevedra”, afirmou Quintana na presentación de Miguel Fernández Lores
· O alcalde nacionalista afirma que o BNG “é a única garantía de futuro para esta cidade” e destaca que as demais forzas políticas van a remolque das súas propostas
Redacción 17 de marzo de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, respaldou na súa presentación ao alcalde de Pontevedra e candidato á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores. “A calquera persoa que resida nalgunha das cidades galegas, vote como vote e pense como pense, gostaríalle que a súa cidade fose como Pontevedra, e por iso os pontevedreses síntense orgullosos da súa cidade”, afirmou...[ler máis]

*Evo Morales anticipa que podería convocar a eleccións
· O Presidente boliviano asegurou onte que se a Asemblea Constituínte termina este ano de modificar o texto constitucional cos cambios previstos, convocará a novas eleccións
Redacción 17 de marzo de 2007 Evo Morales, primeiro indíxena elixido nas urnas en decembro de 2005 como presidente de Bolivia, iniciou o seu goberno o 22 de xaneiro de 2006 e no seu propósito de modificar as estruturas do país andino optou polo funcionamento desde o 6 de agosto de 2006 e durante un ano dunha Asemblea Constituínte que debe elaborar a nova constitución política de Bolivia. O presidente andino asegurou que convocará novas eleccións se os traballos da Constituínte rematan este ano...[máis en Internacional]

*A Mesa pola Normalización Lingüística reúnese cos grupos parlamentares para que actualicen a Lei de Uso do Galego na Administración local
· A asociación en defensa da lingua manterá tamén xuntanzas cos principais candidatos nas eleccións municipais para que inclúan compromisos concretos de normalización
Redacción 17 de marzo de 2007 Dirixentes da Mesa pola Normalización Lingüística reuníronse onte en Santiago cos representantes dos grupos parlamentares do PSdeG e o BNG, para solicitarlles que promovan a actualización da Lei de uso do galego na administración local, de cara a que se cumpran as medidas recollidas para este eido no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), aprobado polo Parlamento Galego por unanimidade no ano 2004. O vindeiro mércores tamén se lle trasladará esta proposta ao grupo parlamentar do PPdeG...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Publicidade:


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com