ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 01/03/07 e o 15/03/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Vicepresidencia traballa nun plan integral de mellora das Casas do Mar para rescatalas do abandono que sufriron nos 16 anos de goberno do PP
· Agarda a transferencia da súa titularidade por parte do ISM que xa se está a negociar con Madrid, xa que até agora só está cedida a xestión dunha parte destes inmóbeis, pero non a súa titularidade que segue a ser estatal
Redacción 15 de marzo de 2007 A Vicepresidencia da Xunta de Galiza prepara un plan integral de mellora das Casas do Mar espalladas por toda Galiza. Despois de 16 anos de goberno nos que o PP tirou ao lixo as Casas do Mar e as condenou ao abandono, igual que fixo cos mariñeiros, a Vicepresidencia está a reparar esta herdanza elaborando un plan de actuacións para mellorar o deplorábel estado no que os gobernos de Fraga deixaron estes inmóbeis...[ler máis]

*Mai Al Kaila, Embaixadora Palestina en Chile, amosouse convencida da consecución dun Estado Palestino libre
· No Encontro cos Medios, denunciou a situación que viven os presos e presas políticas palestinas nas cadeas de Israel
Redacción 15 de marzo de 2007 A Embaixadora de Palestina en Chile, a doutora Mai Al Kaila, explicou esta mañá aos Medios de Comunicación asistentes ao Encontro mantido no Club Internacional de Prensa, a realidade do seu pobo, "unha realidade que non sae a cotío nos medios de comunicación, que se oculta, que se descoñece, pero que é necesario coñecelo e falar diso"...[ler máis]

*O XXX Trofeo de Campo a Través de San Miguel de Oia espera reunir a máis de 1.200 atletas
· O torneo disputarase o domingo 18 de marzo no parque forestal de San Miguel de Oia
Redacción 15 de marzo de 2007 A trinta edición do Trofeo de Campo a Través de San Miguel de Oia, que se celebrará o próximo día 18 de marzo no parque forestal de San Miguel de Oia, ten como obxectivo conseguir xuntar a máis de 1.200 participantes entre todas as categorías...[ler máis]

*O libro O Tempo dos Ríos foi presentado onte
Redacción 15 de marzo de 2007 O libro inclúe artigos de máis dunha vintena de expertos/as pertencentes tanto ao mundo científico (seis universidades de Galiza, Estado español e Portugal e varios centros profesionais) como ao movemento ecoloxista e aos colectivos cidadáns afectados pola políticas hidrolóxicas dos últimos anos. Inclúe un prólogo do galego Javier Castroviejo, quen foi director da Estación Biolóxica de Doñana e presidente do Comité Español do Programa Home e Biosfera...[ler máis]

*Fito&Fitipaldis voltará a Galiza os vindeiros 23 e 24 de marzo
· O grupo actuará en Ourense e Lugo, logo do éxito nos seus concertos en Vigo e A Coruña do pasado novembro
Redacción 14 de marzo de 2007 Fito Cabrales, un vasco que está arrasando no pop-rock estatal co seu grupo Fito&Fitipaldis, actuará en Galiza os vindeiros 23 e 24 de marzo en Ourense e Lugo respectivamante, dentro da súa xira Por la boca vive el pez. Máis de 20.000 persoas asistiron aos concertos celebrados en novembro en Vigo e A Coruña...[ler máis]

*A terceira xeración, a reflexión de Fassbinder sobre a loita armada, hoxe mércores no Cineclube
Redacción 14 de marzo de 2007 Hoxe mércores 14 de marzo, ás 22:00 horas, o Cineclube de Compostela (Santa Clara, 21) proxecta A terceira xeración (Die Dritte Generation, RFA, 1979), do director alemán Rainer Werner Fassbinder. Este filme representa unha arriscada aposta no cinema do director alemán, virado xa daquela para un cinema político máis afastado das billeterías. Difícil de ver, A terceira xeración é considerada hoxe, no entanto, un dos mellores filmes do director do cinema novo...[máis en Cinema]

*O PP esixe que os asistentes aos seus actos en América lle faciliten unha copia do seu pasaporte, denuncia o BNG
· Os nacionalistas consideran esta práctica "caciquil" e denuncian a oferta de favores a cambio de votos para as próximas eleccións municipais
Redacción 13 de marzo de 2007 A responsábel da Comisión de Emigración do BNG, Ana Miranda, denuncia os numerosos actos que representantes do Partido Popular veñen de realizar estes dias pasados en diversos lugares de diáspora, como Bos Aires e Montevideo, caracterizados polo caciquismo das comidas masivas gratuítas e sobre todo pola manipulación de dereitos, pedindo copia do pasaporte para asistir aos actos e celebracións, como ocurreu coa alcaldesa de Bande en Montevideo e co alcalde de Salceda e de Vila de Cruces, quen pediu copia do pasaporte para o sorteo de viaxes, ambos en Bos Aires. Tamén co alcalde de Sada en Montevideo e con especial gravidade co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán...[ler máis]

*Palestina, Sahara e Galiza na palestra
Redacción 13 de marzo de 2007 Este mércores 14 de marzo ás 20:00 h. no Salón de Graos da Faculdade de Dereito de Santiago de Compostela terá lugar unha charla sobre os conflitos sociopolíticos que se viven en Palestina, Sahara e Galiza. Na charla, organizada polos CAF de Dereito intervirá, entre outros, Xosé Manuel Beiras...[ler máis]

*A Selección "Galiza Xove" participará na Vilagarcía Basket Cup
· A duodécima edición deste torneo dará un salto cualitativo ao celebrarse no recinto feiral de Fexdega
· Por primeira vez participará unha selección galega, co obxectivo da ofrecer aos deportistas galegos a posibilidade de mostrar o seu potencial

Redacción 13 de marzo de 2007 A selección "Galiza Xove", formada polos mellores mozos baloncestistas do país galego, participará por primeira vez na Vilagarcía Basket Cup que este ano se celebrará no Recinto Feiral de Fexdega os próximos días 5, 6 e 7 de abril...[ler máis]

*Hoxe luns comeza o prazo para enviar guións ao concurso Compostela Plató de guións para curtametraxes
· Este concurso do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, circunscríbese só ao estado español
Redacción 12 de marzo de 2007 Hoxe luns 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar na sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto 07, e que leva por título Compostela Plató...[máis en Cinema]

*Vigo e a zona de Arousa terán un adianto do Salón Erótico Do Atlántico
· Diversos locais nocturnos acollerán actuacións promocionais da feira de Vilagarcía
Redacción 10 de marzo de 2007 A cidade de Vigo e a zona de Arousa teñen esta fin de semana un adianto do que será a segunda edición do Salón Erótico do Atlántico (SEDA), certame que se desenvolverá en FEXDEGA (Vilagarcía) os próximos 16,17 e 18 deste mes de marzo...[ler máis]

*Quintana afirma en Bilbo que o PSOE "poderá mostrar a súa vontade autonomista" na negociación para transferir competencias a Galiza
· Acusa o PP de ter posicións de estrema dereita e de "querer cambiar o Estado de Dereito polo Estado da Vinganza"
Redacción 07 de marzo de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pronunciou en Bilbo unha conferencia sobre "O Estado plurinacional como reto" convidado pola Fundación Sabino Arana. Na rolda de prensa posterior, preguntado pola posición do PSOE arredor do autogoberno e o proceso de reforma estatutaria, afirmou que esta forza política "poderá agora demostrar a súa vontade autonomista nas negociacións para transferir ou delegar novas competencias que estamos a manter no goberno do Estado"...[ler máis]

*Quince compañías de teatro afeccionado de toda Galiza participarán na cuarta edición de Teatrofilia
· O concello coruñés de Vedra acollerá este festival de teatro afeccionado entre o 9 de marzo e o 1 de abril
Redacción 07 de marzo de 2007 O concello coruñés de Vedra converterase a partir deste venres 9 de marzo e durante todo un mes na capital galega do teatro afeccionado da man de Teatrofilia, a Mostra de Teatro Amador que se celebra por cuarto ano e abalado polo éxito das edicións precedentes. Quince grupos das catro provincias galegas pasarán polas táboas durante os venres, sábados e domingos até o 1 de abril, quedando inaugurada polo grupo de teatro da Residencia da Terceira Idade Porta do Camiño de Santiago de Compostela, con A lenda de Xan Bonome...[ler máis]

*O BNG considera necesaria unha auditoría do Consello de Contas sobre a Fundación Galiza Europa
· Ana Miranda considera que a delegación da Xunta en Bruxelas debería ter un novo estatus
Redacción 06 de marzo de 2007 A responsábel da oficina do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, pide que o Consello de Contas realice un balance e control sobre a Fundación Galiza Europa en Bruxelas. Considera que se trata dunha "cuestión de normalidade democrática, en especial nun momento no que o Goberno galego pretende facer unha inversión de dous millóns de euros para preparar a futura delegación da Xunta na capital comunitaria"...[ler máis]

*O Pleno do Concello de Lugo debate unha moción do BNG en apoio ao Plan Industrial para o estaleiro de Navantia Fene
· Os nacionalistas lembran que a cidade de Lugo está irmanada coa de Ferrol "polo que ten que ser solidaria cos problemas de Ferrolterra"
· Mocións semellantes foron aprobadas xa en concellos como Vigo, na Deputación da Coruña e mesmo no Parlamento Galego, onde foi aprobada por unanimidade

Redacción 05 de marzo de 2007 O Pleno Municipal do Concello de Lugo debaterá esta tarde unha moción do BNG en apoio ao Plan Industrial da Consellería de Innovación e Industria para o estaleiro de Navantia Fene. O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Laxe, avanzou que iniciativa busca "apoiar o futuro da comarca de Ferrolterra, coa que o Concello de Lugo mantén unha estreita relación que ten que plasmarse nunha colaboración institucional moito máis próxima". Mocións semellantes a estas foron aprobadas xa en Concellos como Vigo, na Deputación da Coruña e mesmo no Parlamento Galego, onde foi aprobada por unanimidade...[ler máis]

*Chega CULTUR.GAL a Feira do Libro e da Industria Cultural
· Será no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 10, 11, 12 e 13 de maio de 2007
Redacción 01 de marzo de 2007 A Asociación Galega de Editores (AGE) no seu traballo de promoción e difusión do libro e da industria cultural de Galiza, e atendendo á falta dun espazo de encontro e de visualización de toda a oferta producida pola industria cultural do país, organiza CULTUR.GAL, Feira do Libro e da Industria Cultural, un proxecto que quere ser unha plataforma, na que se integren, dinamicen e interrelacionen a pluralidade dos sectores que actúan ao redor da industria cultural galega, co ánimo de que se converta en referencia imprescindible e obrigada, a xeito de cita anual, para todos os que queiran coñecer a oferta cultural galega...[ler máis]

*O Salón Erótico do Atlántico celebra a súa segunda edición en Vilagarcía con importantes novidades
· Increméntanse notabelmente os espectáculos dirixidos ás mulleres
· Novos contidos e horarios para gozar sen complexos dunha das mellores feira eróticas de Europa

Redacción 01 de marzo de 2007 Por segundo ano consecutivo, nesta ocasión entre os días 16 e 18 de marzo, Vilagarcía de Arousa acolle o Salón Erótico do Atlántico (SEDA) que se celebrará no Recinto Ferial de FEXDEGA...[ler máis]

*ArroutadaNoticias.com pecha o mes de febreiro con case 23.000 visitas, 8.000 máis que no mes anterior
· No mesmo mes do pasado ano as visitas apenas pasaban de 5.000
· Estes datos demostran a pouca fiabilidade dos "medidores de popularidade" tipo Alexa

Redacción 01 de marzo de 2007 ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, pechou o mes de febreiro cun aumento de 8.000 visitas con respecto ao mes anterior, o que supón un total de case 23.000 visitas. Estes datos confirman a boa acollida do xornal que, con apenas dous anos de vida, vai facéndose un oco na rede galega...[ler máis]

*Fillos de Galiza proclama a 'Nación Mundial Galega'
· Defenden que o pobo galego espallado polo mundo constitúe unha nación non limitada xeograficamente a territorio ningún, nin sequera a Galiza
Redacción 01 de marzo de 2007 Segundo se pode ler na proclamación que fixeron pública hoxe en Internet no enderezo NacionMundialGalega.info, os responsables do principal portal da diáspora galega pretenden un recoñecemento para esta "nación" e o seu "dereito a pervivir na Historia como feito singular social e cultural sen comparanza agás con algúns pobos máis da Humanidade", como o xudeu ou o irlandés...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Publicidade:


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com