|
|
|||||||||
|
Publicidade Contacto |
*A Xustiza continúa a vulnerar os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas no canto de defendelos
Redacción 15 de abril de 2008 Galiza e Portugal queren abrir novos frontes de colaboración nos eidos da cultura, o deporte e o patrimonio. A Consellaría de Cultura e Deporte en colaboración con tres departamentos da administración portuguesa presenta como xefe de fila tres proxectos ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg IV A, centrados na potenciación das industrias culturais, os deportes tradicionais e o patrimonio arqueolóxico. Ademais é socio dun cuarto proxecto encabezado pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal sobre fortalezas e estruturas defensivas...[ler máis]
*ATESGA denuncia a “persecución” dos axentes da DXT aos técnicos de ambulancias • A Garda Civil procedeu nos últimos días a identificar condutores que circulaban en servizo de urxencia Redacción 15 de abril de 2008 A Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Galiza (ATESGA) quere denunciar que, lonxe de solventarse os problemas relacionados coas sancións impostas a técnicos de emerxencias no exercicio da súa profesión, a Garda Civil de Tráfico iniciou o que ATESGA considera “unha campaña de acoso e persecución aos profesionais das ambulancias”, empregando vehículos camuflados...[ler máis] *GalizaBanner alíase con Planeta para reforzar a comercialización das webs galegas • Planeta Ad Network distribuirá campañas nacionais na rede de soportes GalizaBanner • O acordo garántelles prezos e volume de negocio aos soportes da rede Redacción 15 de abril de 2008 A axencia de medios interactivos Elogia Media e Planeta Ad Network (PAN), a rede de venda publicitaria online do Grupo Planeta, asinaron un acordo de colaboración para comercializar a nivel estatal a rede de soportes exclusivistas GalizaBanner. Con este convenio, Planeta Ad Network comprométese a cubrir a metade das impresións das webs de GalizaBanner con campañas publicitarias de ámbito estatal, mentres que a outra metade seguirán sendo cubertas con campañas de ámbito galego...[ler máis] *A Mesa chama á sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego” • A asociación reclama que se cumpra a lexislación lingüística e que a “única lingua propia” de Galiza sexa “oficial na realidade e non só no papel” Redacción 25 de marzo de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística chamou onte á sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela ...[ler máis] *A Executiva Nacional do BNG apoia as demandas dos produtores de leite de Galiza • O órgano executivo do BNG lamenta que a administración do Estado non acompañe as políticas “positivas cara o sector” impulsadas pola Consellaría de Medio Rural • Os nacionalistas galegos lamentan que o Ministerio de Agricultura apoiase en Bruxelas o incremento liñal da cota desouvindo as demandas do sector leiteiro galego Redacción 17 de marzo de 2008 A Executiva Nacional do BNG quere expresar o seu apoio ás demandas dos produtores de leite de Galiza fronte as prácticas abusivas das industrias leiteiras cos seus centros de decisión en Madrid. Así mesmo o BNG lamenta que outras administracións non acompañen as políticas positivas cara o sector impulsadas pola Consellaría do Medio Rural. ...[ler máis] *Quintana afirma en Ferrol que o BNG é a expresión política da autoestima do pobo galego • O portavoz nacional asegura que “contra os que falan de chantaxe, o único que pedimos é que nos deixen traballar e que Navantia poida construír buques” Redacción 29 de febreiro de 2008 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou onte en Ferrol que, nesta campaña, o BNG “está a demostrar que é unha auténtica maquinaria de autoestima da sociedade galega. É a expresión política da autoestima da sociedade galega e iso é o que máis necesita Galiza: autoestima e proxectos políticos que sexan a expresión desa autoestima”....[ler máis] *O Gran Libro dos Retratos de Animais, de OQO Editora, galardoado cunha Mención de Honra no Premio da Feira de Boloña • É a primeira vez que unha editora galega consigue esta destacada mención Redacción 29 de febreiro de 2008 O Gran Libro dos Retratos de Animais, do selo galego OQO Editora, ven de ser galardoado cunha Mención de Honra no Bologna Ragazzi Award, isto é, o Premio da Feira do Libro Infantil de Bologna Italia, un dos máis importantes galardóns do mundo no eido da Literatura Infantil e Xuvenil. O premio será entregado o vindeiro 31 de marzo en Bologna, Italia, no marco da celebración da feira do Libro Infantil máis importante de mundo ...[ler máis] *Directores galegos e cubanos presentan na Feira da Habana o proxecto "Ópticas cruzadas", con pezas audiovisuais creadas en común • Producións galegas proxectaranse na Feira e emitiranse na televisión cubana Redacción 12 de febreiro de 2008 O audiovisual galego terá unha presenza notable na Feira do Libro da Habana, un dos maiores eventos culturais de Latinoamérica, que ten este ano a Galiza como país convidado. As televisións cubanas emitirán máis dunha vintena de producións galegas e na programación da Feira inclúense proxeccións, mesas redondas e coloquios. Ademais, creadores galegos e cubanos participaron no proxecto "Ópticas cruzadas", que deu como resultado catro filmes que se presentarán na Habana...[ler máis] *A Mesa reclámalle ao PP “máis seriedade e menos crispación” no debate sobre a galeguización do ensino • “O PP debería aclarar cal é o modelo lingüístico que defende para o ensino en Galiza e deixar de procurar a bronca pola bronca” • A Mesa considera “calamitosa” a situación do galego en infantil Redacción 27 de xaneiro de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística solicítalle á dirección do PP que defina cal é o modelo lingüístico que defende para o ensino en Galiza. A entidade cidadá acusa este partido político de carecer “dunha postura minimamente clara” e recorda que “no 2001, o PP votou no Congreso pola plena galeguización do ensino; no 2004, no Parlamento galego polo 50%; no 2007 negociou e defendeu un decreto que decidiu criticar a última hora, para terminar defendendo a aplicación para Galiza do modelo vasco.”...[ler máis] *O BNG defende que se regulamente o dereito ao aborto mediante unha lei de prazos • Rosario Fernández Velho defende que se garanta a posibilidade de interromper voluntariamente o embarazo na rede sanitaria pública e de xeito gratuíto Redacción 15 de xaneiro de 2008 Rosario Fernández Velho, secretaria de Acción Feminista do BNG, asegura que os ataques contra as clínicas onde se practican abortos, así como as citacións xudiciais ás mulleres que interromperon voluntariamente o seu embarazo, son “gravísimos”. Fernández Velho asegura que a sociedade require que se abra un “debate serio sobre a regulamentación do dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo dentro dun prazo e con todas as garantías xurídicas, sanitarias e sociais”...[ler máis] *A Mesa denuncia a vulneración de dereitos lingüísticos por parte de RENFE e ADIF • A asociación en defensa da lingua denuncia que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise” • Un traballador de venda de billetes exixiulle a unha usuaria que non se dirixise a el en galego e ADIF xustifícao Redacción 15 de xaneiro de 2008 A Mesa pola Normalización Lingüística realizou esta mañá un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias....[ler máis] *O Sanxenxo Dakart Leite Río prepárase xa para participar na alternativa ao Dakar • O equipo galego competirá esta tempada en diferentes competicións internacionais Redacción 10 de xaneiro de 2008 O único equipo galego elixido para participar na edición 2008 do Lisboa-Dakar, o Sanxenxo Dakart Leite Río, recuperouse xa da decepción que supuxo a suspensión da trixésima edición do rally máis duro do mundo. O seu máximo representante, o piloto José López Rivas sinalou esta mañá en roda de prensa que “o equipo volveu de novo ao traballo para preparar a alternativa ao Dakar que presente a A.S.O. para o ano que vén, e que se coñecerá no prazo dun mes”...[ler máis] *Reclaman que Indiana Jones fale galego • As Mocidades da Mesa exíxenlle á Xunta que o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal teña versión na nosa lingua • A distribuidora Paramount xa lle confirmou á Generalitat a dobraxe catalá Redacción 10 de xaneiro de 2008 A sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, para que se dobre ao galego o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal. O próximo título de Spielberg, novamente protagonizado por Harrison Ford, chegará ás carteleiras de toda Galiza o próximo 22 de maio...[ler máis] *Galiza Nova presenta unha campaña na que reivindica o dereito a decidir con motivo do día da Constiución Española • “Somos galegos, somos galegas que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación” será o lema das mocidades do BNG Redacción 05 de decembro de 2007 A campaña que comeza Galiza Nova mañá, día da Constitución Española, leva por lema “Somos galegos, somos galegas, que non decidan por nós. Polo dereito de autodeterminación”. Está enmarcada dentro da defensa da organización xuvenil de que se modifique a concepción unitaria do Estado e se recoñezan as nacións que existen nel, como a galega, a través dun estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe...[ler máis] *Nace “A Liña do Galego”, para tramitar queixas, consultas e parabéns sobre dereitos lingüísticos • Este servizo, creado pola Mesa, atenderá a través do teléfono 902 10 64 74 e do correo-e linhadogalego@amesanl.org • A Mesa elaborará un informe anual con todas as informacións recibidas Redacción 26 de novembro de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística pon hoxe en funcionamento A Liña do Galego, un servizo gratuíto dirixido a toda a poboación que atenderá consultas sobre dereitos lingüísticos e tramitará queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneren, así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego...[ler máis] *Galiza estreará este nadal selección nacional feminina de fútbol • Camerún e Cataluña serán os rivais das seleccións masculina e feminina, respectivamente, o próximo día 27 de decembro en Balaídos • Marta Souto destacou o debú da selección feminina xa que “é ir avanzando nun dos proxectos da nosa dirección, acadar a equiparación do deporte masculino e feminino” Redacción 08 de novembro de 2007 Galiza contará a partir deste Nadal con selección feminina de fútbol. Esta foi a principal novidade da rolda de prensa ofrecida pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana...[ler máis] *O alumnado do IES Melide celebrará o Día do Peón 2007 na praza do convento da vila • O alumnado do IES Melide é tamén o autor do Manifesto que se lerá en todos os lugares onde se celebre o Día do Peón 2007 • Máis de 6000 escolares de toda Galiza poñerán a bailar os seus trompos simultaneamente • Na Terra de Melide está confirmada tamén a participación do CEIP “Pastor Barral” Redacción 08 de novembro de 2007 O vindeiro 9 de novembro, venres, é a data elixida por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo vén marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tales como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituíndo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns outros refráns como Pola Santa Olaia, peóns á borralla...[ler máis] *Innovación e Industria colaborará coa asociación PuntoGal para impulsar o dominio galego en internet Redacción 10 de outubro de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria e a Asociación PuntoGal asinarán un convenio de colaboración para o impulso do dominio .Gal, no marco das políticas que está a desenvolver o departamento autonómico para promover a Sociedade da Información en Galiza...[ler máis] *A conselleira de Cultura presenta no Parlamento o primeiro plan de lectura de Galiza Redacción 10 de outubro de 2007 Este programa ordea por primeira vez de forma integral todos os esforzos que se realizarán para incrementar o hábito da lectura e fortalecer todos os actores do sector, desde libreiros a bibliotecas ou editores. As estratexias que expuxo a conselleira inclúen un importante esforzo financeiro: 50 millóns de euros até o ano 2011...[ler máis] *Medio Rural recupera o desfile de gando polas rúas de Lugo co gallo do San Froilán Redacción 02 de outubro de 2007 Con esta iniciativa preténdese lembrar as orixes agrogandeiras desta festividade e ensalzar as razas autóctonas de produción (ovella galega, cabalo pura raza galega, porco celta, etc.) Trátase dun desfile "simbólico" que recordará a tradición de trasladar o gando até a Feira de San Froilán, a través das rúas da cidade, algo que non se produce desde os anos 50 do pasado século...[ler máis] *Solar PST-Energie inauguran en Portugal a maior fábrica de paneis solares de Europa Redacción 02 de outubro de 2007 A empresa galega Solar PST dá un paso significativo no seu plan de expansión comercial no mercado internacional coa inauguración, xunto con Energie, o pasado 27 de setembro, dunha nova factoría en Povoa de Varzim, en Portugal. A nova fábrica é a maior planta de paneis solares termodinámicos de Europa, ocupando a planta de montaxe de 3.000 m2. Esta ampliación é froito do crecemento sostido rexistrado pola empresa nos últimos seis anos...[ler máis] *A Consellaría de Innovación e Industria colabora cun estudo sobre a contaminación dos fondos mariños nos portos de Galiza Redacción 02 de outubro de 2007 A empresa Centro de Investigaciones Submarinas S.L. (C.I.S.), en colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria, está a realizar un estudo sobre a contaminación que provocan nos fondos dos portos galegos produtos antiincrustación ou “antifouling”, é dicir, aqueles cos que se evita a corrosión que determinados organismos vivos provocan ao incrustarse na parte somerxida das embarcacións...[ler máis] *O baloncesto chegará aos centros de menores da Xunta da man dun convenio entre Deportes e Vicepresidencia Redacción 02 de outubro de 2007 A Consellería de Cultura e Deporte e máis a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asinaran na pasada primavera un convenio marco encamiñado a deseñar actuacións que promovan a integración e a igualdade no ámbito deportivo. Froito desas pautas de actuación resultaron programas como o Cachibol, destinado a maiores, ou Vela para todos encamiñado a superar discapacidades físicas para a práctica deste deporte...[ler máis] *Suárez Canal avanza que este ano as socias e socios das cooperativas vitivinícolas tamén poderán acollerse ao cobro anticipado da uva • Coa ampliación desta medida aos cooperativistas, a Consellaría estima que se poderán beneficiar ao redor de 2.450 viticultores máis en toda Galiza Redacción 30 de setembro de 2007 O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, avanzou esta mañá que as socias e socios das cooperativas vitivinícolas galegas poderán acollerse este ano, por vez primeira, ao pagamento adiantado da uva de castes, logo de que este departamento chegara a un acordo co IGAPE con este fin...[ler máis] *Suárez Canal anuncia a creación da Sociedade Xestora do Banco de Terras e o decreto de cinco Zonas de Especial Interese Agrario nas que se actuará prioritariamente ao longo deste exercicio • Por decreto da Xunta de Galiza está prevista a delimitación de novas Zonas de Especial Interese Agrario (ZEIA) de xeito progresivo co obxectivo de que nun prazo de cinco anos toda a superficie agraria útil do País estea incluída nesta catalogación. • No último trimestre do 2007, está prevista a declaracións de ZEIA dos concellos que constitúen as comarcas de Ordes, Terra Cha, A Limia, O Deza e Baixo Miño, que comprenden un total de 38 concellos, cunha Superficie Agraria de 220.000 hectáreas, prevéndose actuar sobre unhas 30.000 hectáreas que se atopan en situación de abandono ou semiabandono. Redacción 11 de setembro de 2007 O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentou esta mañá en comparecencia no Parlamento Galego a creación da Sociedade BANTEGAL, unha entidade sen ánimo de lucro que actuará como instrumento de xestión e asesoramento no funcionamento do Banco de Terras de Galiza...[ler máis] *O Comité de Expertos do Consello de Europa velará para que o sistema educativo de Galiza sexa “esencialmente en galego” • Callón recorda que “a Carta Europea das Linguas, que di que todo o ensino non universitario debe ser con normalidade en galego, foi aprobada por unanimidade baixo o goberno de José María Aznar” Redacción 11 de setembro de 2007 O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística, mantivo esta mañá un encontro co Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. O Comité de Expertos, que xa en 2005 sinalou nun informe oficial a necesidade de que o sistema educativo de Galiza sexa “esencialmente en galego”, proporá unha serie de medidas para conseguir que este tratado internacional sexa cumprido en Galiza...[ler máis] *As rías galegas estanse transformando en ríos pola presión urbanística e polos recheos, segundo quedou de manifesto no segundo día de debate das V Xornadas Ciencia e Territorio que se celebran en Melide Redacción 11 de setembro de 2007 Continúan desenvolvéndose en Melide as V Xornadas Ciencia e Territorio, organizadas polo IES de Melide e pola organización pedagóxica Nova Escola Galega. O tema central desta quinta edición das Xornadas é “A auga: Usos e abusos”. En palabras de Juan José González, do Instituto Español de Oceanografía, as rías galegas estanse convertendo en ríos, por culpa dos recheos, dos dragados e da presión urbanística...[ler máis] *Antón Bao califica de “fito histórico” a visita de Severino Rodríguez por ser a primeira vez que un Alcalde nacionalista é recibido polo Goberno da Deputación de Lugo Redacción 11 de setembro de 2007 O vicepresidente provincial destaca a “presenza en aumento” do nacionalismo galego en todas as institucións do país durante a recepción oficial de todos os grupos políticos ao rexedor monfortino...[ler máis] *Innovación e Industria prevé triplicar en 2010 o número de turistas xaponeses que visitan o noso país Redacción 11 de setembro de 2007 O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, acompañado polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguíbar, presentaron en Toquio dúas publicación pioneiras sobre Galiza como destino turístico, editadas en xaponés e destinadas especificamente a dar a coñecer o noso país no Xapón, o “terceiro mercado emisor mundial”, segundo dixo o titular nacionalista. O conselleiro explicou que un obxectivo desexábel de cara ao próximo Xacobeo (2010) sería o de triplicar o número de viaxeiros xaponeses no país galego...[ler máis] *Cultura organiza xunto coa USC o curso de verán `Visións de Galiza no Centenario de Pascual Veiga’ Redacción 11 de setembro de 2007 O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presenta mañá na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela o curso de verán `Visións de Galiza no centenario de Pascual Veiga (1842-1906)’, que terá lugar até o 14 de setembro...[ler máis] *A Xunta entrega no xulgado a solicitude para poder entrar no Pazo de Meirás • O letrado da Xunta depositou esta mañá a petición da Consellaría no rexistro dos Xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña Redacción 11 de setembro de 2007 A Consellaría de Cultura e Deporte solicitou hoxe formalmente o amparo da Xustiza para que persoal técnico da Consellaría poida acceder ao pazo de Meirás e levar a cabo unha inspección do interior do edificio. Foi o letrado da Xunta de Galicia o que depositou esta mañá en representación da Consellaría a petición no rexistro dos xulgados do Contencioso-Administrativo da Coruña. Coa presentación desta solicitude, Cultura quere facer valer o seu dereito de inspección ante a obstrución dos propietarios á entrada dos técnicos...[ler máis] *O Valedor reafírmase nos seus prexuízos contra o galego nunha entrevista co presidente da Mesa • A Mesa solicita entrevista cos grupos parlamentares para que “solucionen o problema que crearon con este nomeamento” Redacción 11 de setembro de 2007 “Insatisfactoria”. Así cualificou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a reunión mantida esta mañá en Compostela co Valedor do Pobo, Benigno López. O dirixente da asociación en defensa do galego acudía á entrevista coa intención de obter por parte de López unha rectificación a respecto das súas declaracións, publicadas en diferentes medios de comunicación, sobre o galego no ensino, na xustiza e no cinema, nas que atacaba gravemente a convivencia e os dereitos lingüísticos recoñecidos pola lexislación. Outro dos obxectivos da entrevista era obter un compromiso firme por parte do Valedor en prol da defensa dos dereitos lingüísticos e do proceso de normalización lingüística...[ler máis] *O director de Elogia Media-GalizaBanner asistirá ao exclusivo seminario “Above & Beyond” de Google • Celébrase este mércores en Dublín. A empresa estadounidense convidou só sete expertos de axencias de medios interactivos do estado español Redacción 11 de setembro de 2007 O director da recentemente fusionada Elogia Media-GalizaBanner, Rubén López Ferreiro, foi convidado por Google a asistir ao seminario Above & Beyond 2007, que se celebra este mércores, 12 de setembro, na capital de Irlanda, Dublín. O convite supón un novo reforzo á proxección internacional da compañía galega, pois a este curso só foron convocados os expertos das sete maiores axencias de medios interactivos do estado español...[ler máis] *Carlos Callón: “Se non rectifica, ao Valedor só lle quedan dúas opcións: ou renunciar ou ser cesado por incumprimento das súas obrigas” · O presidente da Mesa sinalou que non se descartan mobilizacións no caso de que Benigno López non aclare a súa postura sobre o galego Redacción 13 de agosto de 2007 Case dúas semanas despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística pedise publicamente ao novo Valedor do Pobo, Benigno López, que rectificase as súas declaracións nas que cuestionaba o uso do galego no ensino e na xustiza realizadas en entrevistas a distintos medios de comunicación, este aínda non fixo ningún tipo de aclaración ao respecto...[ler máis]
Voltar arriba Ver anteriores |
Publicidade: |
|||||||
